FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

         Saíu publicado no DOG do 22 de maio (Orde do 16 de maio) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Documentos: SOLICITUDE. ANEXO I

                        NORMATIVA

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 16/17. A falta de devolución é motivo de exclusión.A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten.En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.  A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

        O prazo de solicitudes (anexo I) vai do 23 de maio ao 23 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2015.