E. Primaria

ADMISIÓN ALUMNADO IES CURSO 2018-19

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (VALADARES), ten que presentar o anexo co código ED550A  (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 15 DE FEBREIRO. 

*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Ruta no menú: 

Solicitudes–Solicitudes de reserva–Crear solicitude de reserva

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común, incluíndose por primeira vez este ano a SEDE ELECTRÓNICA.

REUNIÓN FAMILIAS 6º DE PRIMARIA

 

O vindeiro 6 de febreiro ás 16:30 na aula de sexto do noso colexio, haberá unha reunión informativa para os pais e nais, por parte do Equipo Directivo do IES de Valadares, cara ao curso 2018-19.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

         Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 30 e 31 de maio.

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso  2016/17.

       Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2016/17 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

      A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

      Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

 

Distribuir contido