EXCURSIÓN Ó PARQUE FORESTAL DE BEADE

DISFRUTANDO COS NOSOS COMPAÑEIROS E MESTRES NOS ULTIMOS DÍAS DO CURSO

NO PARQUE FORESTAL DE BEADE

ACTO FIN DE CURSO

 

O venres 23 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2016/17. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.

A apertura das portas será ás 12:10h 

 

 

 

 

 

 

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 3 ANOS PARA O CURSO 2017-18

O vindeiro mércores 28 de xuño ás 11.00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha reunión informativa co alumnado de nova incorpación (4º de Educación Infantil) para o curso 2017-18.

 A matrícula poderá realizarse ese mesmo día.

Documentación necesaria:

- Cubrir un impreso de formalización de matrícula (anexo III-1) que se proporciona no centro.

- 4 fotografías co nome e apelidos escritos por detrás.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopia do libro de familia.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

         Saíu publicado no DOG do 22 de maio (Orde do 16 de maio) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Documentos: SOLICITUDE. ANEXO I

                        NORMATIVA

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 16/17. A falta de devolución é motivo de exclusión.A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten.En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.  A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

        O prazo de solicitudes (anexo I) vai do 23 de maio ao 23 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2015.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

         Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 30 e 31 de maio.

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso  2016/17.

       Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2016/17 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

      A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

      Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/18

A listaxe definitiva coincide coa provisional en 4º de Ed. Infantil, e en 1º e 2º de Ed. Primaria.

En 3º de Ed. Primaria hay un alumno novo na listaxe definitiva.

 A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario.

Para ir ás diferentes listas clicade abaixo.

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR

 

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o seguinte á publicación oficial da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

 

O prazo de presentación das solicitudes será do 19 de maio ao 15 de xuño, ambos incluídos.

 

As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a partir do martes 16 de maio, a través de:www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou 986810260.

Ditas axudas para libros de texto e material escolar son só para a segunda etapa de Educación Infantil, e as de comedor para Educación Infantil, Primaria e Secundaria obrigatoria.

MAIO 2017

                                                                              

O venres, día 12 de maio, ás 13:00 hs., sacaremos o noso maio ao patio para cantarlle as coplas. 

Invitámosvos a que veñades compartir esta actividade.

Por motivos de seguridade do alumnado, as familias que queirades asistir, teredes a entrada aberta de 12:50 a 13:00. Agradecemos que teñades en conta isto. O acto celebrarase no patio do colexio.

Como outros anos, pedimos a vosa participación para festexar ao maio.

 

. O mércores 10 e o xoves 11 serán os días nos que xa podedes traer o fiúncho e o resto de  materiais que normalmente usamos: algunha flor, pampillos (margaridas silvestres), ovos (baleiros e limpos e o máis enteiros posible), bugallos ou cocas (boliñas dos carballos), algún limón, algunha laranxa.

. Podedes facerlle na casa ao alumnado colares ou coroas de flores para o propio día do maio.

. O alumnado debe traer gorra, pantalón azul ou vaqueiro e camiseta branca.

. A poder ser traer tamén dous paus duns 2O cm. como máximo de longo para acompañar as coplas (isto só o alumnado de Primaria).

Moitas grazas pola vosa colaboración

TEATRO

  O noso centro participará o vindeiro mércores 10 de maio nas VIII xornadas de teatro escolar coa representación da obra "POR CULPA DUN POKEMON"

DÍA NON LECTIVO

  Día non lectivo de libre elección: 2 de maio de 2017

Distribuir contido