Está lista para o seu estreno a trup circense de 4º de primaria. Teñen preparado un espectáculo de figuras e torres de ximnasia acrobática. O seu público será o alumnado de infantil, esperemos que lles guste...ALE-HOP!!!
Esta vez foi o alumnado de 4º de primaria o que se beneficiou da participación do cole no programa XOGADE. A través do Deporte Escolar recibimos dúas sesións de atletismo con xogos e exercicios que nos mostraron o divertido que é esta modalidade. Agora xa estamos preparados para ir ás olimpiadas de París!!!
Neste trimestre o traballo de educación física centrase en XOGOS POPULARES e XOGOS PREDEPORTIVOS. A través do programa XOGADE recibimos a Santi, técnico de balonvolea, que nos ensinou técnica, táctica e cooperación a través deste bonito deporte.
Xa chegou setembro e a VOLTA AO COLE. Como tódolos anos dende a área de educación física lanzamos o reto de mellorar coa actividade física e o deporte. Este ano comezamos cos xogos populares inventados polas nenas e nenos.
Aquí as fotos dun dos xogos AS ESTATUAS DOS OIADORES.
Un ano máis o alumnado de 5º de primaria remata o curso cun campionato cooperativo. Esta vez adicado ao BADMINTON e organizado entre tdxs para que fose un traballo cooperativo. Os reusltados foron o de menos e as medaias temos que compartilas.
Saímos dende o colexio para facer un percorrido polos arredores. Visitamos Chavella, O Arrabal, A Picota e a Capela de San Sebastián sempre acompañados pola dama do século XV Cristina de Pizán. Axudamoslle a buscar a "Cidade das mulleres" e estamos seguros de que ben podía estar en Oia esa utópica poboación. Seguiremos investigando sobre as mulleres e os traballos tan importantes que facían e o pouco recoñecidos que eran. Viva a igualdade!!!
Neste trimestre o traballo de educación física está basado en REDES E RAQUETAS. A través do programa XOGADE recibimos a Santi, técnico de balonvolea, que nos ensinou técnica, táctica e cooperación a través deste bonito deporte.
Tamén temos un paquete de raquetas e pelotas que nos cedeu a Federación Galega de Tenis. Estamos utilizando este material para practicar e xogar ao tenis.