Skip to Content

Ed. Física

REMATAMOS O CURSO CON TENIS

 

A federadión galega de tenis, a través do seu coordinador de programas deportivos,

cedeunos 25 raquetas e 25 pelotas para facer unha unidade didáctica de tenis. Con

este tema remataremos un curso un tanto especial no que aprendemos a traballar

cun novo protocolo.

 

O alumnado de 5º e 6º rematarán o curso xogando ao tenis. O bote da pelota, agarre

da raqueta, movemento pola pista e mellora da forma física serán os apartados que

traballarán.

 

Estamos desexando que o tempo nos acompañe para poder xogar ao aire libre.

Seguro que imos ter moitos campións de tenis en Oia ou en todo caso pasarémolo

fenomenal. Adiante deportistas!!!

Raqueta: Dibujos para colorear

 

VISITA DE CÉSAR ÁLVAREZ DE MOUGAS

O pasado mércores visitounos no colexio César Álvarez, veciño de Mougás e antigo alumno do noso colexio. Agora adícase aos traballos verticais e á construcción de rocódromos e foi o que fixo a instalación de boulder do ximnasio. Acercouse ata Oia para contestar ás preguntas das nosas periodistas da Radio Arrabal Lúa e Daniela. Foi unha entrevista moi animada e como César é un excelente escalador estivemos moi atentos aos seus consellos.

Como remate deu unha maxistral clase de boulder aos nenos e nenas de 3º de primaria. Ensinounos os "pés de gato"(calzado específico de escalada), fixemos un quecemento e despois contounos uns pequenos trucos para movernos mellor polo boulder.

Gústanos tanto a escalada que a visita deste escalador do noso pobo motivounos a seguir practicando  a escalada.

Moitas grazas César, esperamos verte de novo polo boulder do noso colexio.

LOITA OLÍMPICA 2021

Parece que xa imos entrando na normalidade no que as actividades extraescolares se refire. Como fixéramos anos atrás, tivemos no ximnasio do colexio a actividade de LOITA OLÍMPICA, esta vez sen contacto. WRESTLING DUMMY.

Esta actividade pensada para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dirixiuna Rubén, monitor da Federación Galega e nela utilizamos os bonecos de adestramento para aprender as habilidades específicas de loita (derribos e proxeccións).

En cada curso fixemos grupos de 3 que entraron no tapiz de loita e practicaron de xeito alternativo as actividades propostas polo técnico: 1. Levantamento de boneco “WRESTLING DUMMY LIFT UP”; 2. Xiros de boneco “WRESTLING DUMMY TURNS”; 3. Derribo de boneco “WRESTLING DUMMY TACKLE”; 4. Proxección de boneco “WRESTLING DUMMY THROW”. Cada un foi contando as repeticións que facía durante 30" e o monitor tomaba nota para facer unha comparativa cos demáis cursos e colexios.

Foi moi interesante e divertido, seguro que repetiremos máis veces. Forza rapaces e rapazas!!!

RINGOL EN 6º DE PRIMARIA

Estes son os equipo que fixeron os de sexto para xogar ao RINGOL. Con este novo deporte alternativo fomentamos a participación de todo o alumnado e axúdamos a que todos e todas disfrutemos máis da actividade física. Unha competición moi animada, bravo!!!

RETOS COOPERATIVOS 5º PRIMARIA

O alumnado de quinto de primaria traballa de forma cooperativa para disfrutar todos xuntos da actividade física. Os sencillos retos que se propoñen axudanlle a que niguén quede atrás e cada día sexamos un pouco mellores cos compañeiros e compañeiras. Ánimo!!!

ALE-HOP 5º

Este trimestre o alumnado de 5º de primaria montou un espectáculo no que demostraron as súas habilidades circenses. Os números que montaron foron:

MALABARISTAS, PAIASOS TRAMPOSOS, THE INCREIBLE DANCERS e LOITAR POLO TESOURO.

Para rematar cada equipo fixo unha figura de ximnasia acrobática e aquí deixamos as fotos. Foi un espectáculo preciosos que non poidemos presentar ao resto do colexio, esperemos que pronto o poidades ver.

EXCURSIÓN POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

O pasado venres as rapazas e rapaces de 6º fixeron unha excursión pola

contorna do colexio.

Querían coñecer mellor o Camiño de Santiago da Costa, andando polo

tramo de Oia a Viladesuso. Tamén aproveitaron para facer a MILLA

(1500 mts.) e avaliar a súa condición física.

En total a distancia percorrida foi de 6,18 km. Emplearon un tempo de 65

min. A unha velocidade aproximada de 5 km/h de media.

Utilizaron dúas aplicacións de móvil para que a excursión fose máis

divertida: WIKILOC para rexistrar a ruta que fixeron e METEOBLUE para

pronosticar a meteo que terían.

Agora xa están preparando a seguinte. Xa sabedes rapazas e rapaces

empeza a primavera e temos que saír á natureza.

 

Ánimo e boas camiñadas!!!

 

 

DEPORTE COS BIBLIOS

BOLOS RECICLADOS

O alumnado de sexto de primaria realizou unha actividade de reciclaxe coas botellas de auga consumidas a diario. Crearon uns divertidos bolos coa imaxe dos personaxes protagonistas da biblioteca "Os Biblios". Experimentamos no seu interior cos colorantes, a auga e viscosidade do xel cos que os enchemos. A que quedaron chulos?

Distribuir contido


by Dr. Radut