Skip to Content

Ed. Física

A MILLA DE OIA 21/22

Este curso os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria participarán nunha actividade enmarcada no plan de Vida Activa e Saudable nas escolas. A actividade é a MILLA. Nela correrán o primeiro mes unha milla á semana, o segundo mes dúas millas á semana e o terceiro mes tres millas á semana.

É moi divertido!!! Anímate e participa!!!

Participamos en "ESCUELA DE LA MILLA"

ESCOLA DE BALONMÁN

Ao comezar o curso tivemos unha visita moi especial. As xogadoras do Atletico Guardésimpartiron unha clase maxistral para aprender a xogar ao balonmán. Aprendemos as regras do deporte, como colocarnos no campo e pasar aos compañeiros para que sexa a pelota a que corra e non os xogadores. Foi moi emocionante e divertido!

XIMNASA ACROBÁTICA EN 6º

Actividades de ximnasia acrobática do alumnado de 6º de primaria.

Os nenos e nenas de 6º, a principio de curso viñeron moi activos do verán. O profe de educación física propúsolles facer ximnasia acrobática. Puxeron o tatami e fixeron parellas. Repartimos unhas tarxetas nas que aparecían unhas figuras que realizamos.

Pasámolo moi ben.

ANDAINA OUTONAL

Chega o outono, os cogomelos e as castañas. Como tódolos anos chega tamén o día da andaina polos montes de Oia. Este ano non fixemos a subida ao curro, este ano subimos en autobús e comezamos a camiñar dende o Curro da Valga. Foi umha xornada espectacular e chegamos ata cerca do Campo do Couto e a Poza dos Corvos. Fomos a un ritmo moi vivo e aínda nos deu tempo a facer unhas cabañas. Que divertido!!! Esperemos ter moitas máis andainas coma este!!!

COMEZO DO CURSO 2021/2022

Comeza un novo curso con novas actividades e moitas gañas de facer exercicio, xogos e deportes.

ESCALADA EN OIA

Como remate ao curso de Educación Física o alumnado de extraescolar de BOULDER, acompañado polas familias e os profes, subiu aos montes da Valga para iniciarse na escalada en rocha.

A actividade fixérona no sector de escalada de Oia chamado o MONASTERIO, unha parede ideal para a iniciación nos deportes da montaña e con unhas vistas impresionantes da costa oiense. Accedemos a estas paredes dende o Curro da Valga onde deixamos os coches, camiñando uns 15 minutos chegamos ao sector e comezamos a instalar as cordas e os seguros para facer as prácticas de escalada. As vías que escalamos están na parte central do muro e se chaman "Perros Voladores" e "A Gárgola"; asequibles pero algo técnicas e coa suficiente altura para as nosas intencións.

Foi unha xornada estupenda onde escalamos e compartimos momentos intensos alumnas e alumnos, pais e profes. Seguro que é a primeira de moitas máis xornadas de actividades na Natureza. Vémonos polas montañas, bo verán!!!

CAMIÑO DE SANTIAGO 2021

Despois de traballar o Camiño de Santiago durante todo o curso, seguindo os obxetivo do PDI do centro, rematamos cunha excursión para facer o tramo que vai dende A Guarda ata Oia.

Cada curso adaptou a lonxitude do percorrido as súas capacidades e así os de infantil fixeron os últimos quilómetros, 1º e 2º un percorrido algo máis longo, 3º e 4º xa fixeron 6 quilómetros (dende o mirador do tío Rincho) e 5º e 6º de primaria que fixeron o percorrido completo empezando dende a Paia de Area Grande.

EXCURSIÓN Á PRAIA DO MOSTERIRO 2º

O pasado xoves o alumnado de 2º de primaria foi de excursión á praia do mosteiro de Oia. Na baixada á praia fixemos unha parada para observar as diferenzas entre dúas casas, unha actual e outra máis antiga. Ao chegar á praia tivemos unha clase de ciencias sobre o relevo, a paisaxe e historia de Oia. Xa na area recollemos todo o lixo que puidemos para levar ao contedor, o resto gardámolo nunhas cárceres moi chulas que fixemos con SEIXOS e PELOUROS que alí atopamos.

Voltando para o cole xa pensábamos na seguinte excursión e o moito que nos gusta aprender de forma divertida.

O PARLADOIRO 2020 - 2021

Clicka na imaxe para leer O PARLADOIRO 2020 -2021

EXCURSIÓN Á PRAIA DO MOSTERIRO

O pasado venres o alumnado de 1º de primaria fixo unha excursión á praia do Mosteiro de Oia. Saimos do colexio ás 10 e media e estábamos de volta dúas horas máis tarde. Descubrimos a praia coa súa pesqueira, area mollada e predras de tódolos tamaños. Coincidimos co pai de Uxía que nos amosou un pulpiño pequeno que atopara entre as rochas. Despois fixemos unha cárcere coas pedras máis grandes, alí encerramos todo o lixo que atopamos. Levamos para o contedor do lixo todo o que poidemos meter en dúas bolsas, aínda así quedou moita por alí tirada: restos de aparellos de pesca, plásticos de todo tipo, zapatos, roupa e incluso unhas pilas gastadas (altamente contaminantes).

Antes de volta ao cole merendamos no porto e disfrutamos dos airiños mariñeiros e observamos un montón de cangrexos nas rochas descubertas pola marea baixa.

Xa estamos desexando repetir a excursión e seguir aprendendo un montón de cousas sobre o noso mar. Ata a próxima!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut