Skip to Content

Ed. Física

BÁDMINTON PARA PROFES

O mes de maio os profes aproveitan para porse en forma practicando un deporte moi popular no noso cole: o bádminton.

Os martes na hora do recreo temos reservado o pavillón para xogar uns partidiños e compartir experiencias deportivas. Aquí deixamos as primeiras fotos pero seguide atentxs que faremos moitas máis.

Álbum: CURSO 2023-24 -> BADMINTON profes

ATLETISMO E VOLEI no ifevi con 4º e 5º

Chegou o momento dos encontros escolares de XOGADE. Despois de prepararnos duramente para ser unhas boas xogadoras de volei e uns atletas estupendos, fomos ao IFEVI para xuntarnos cos outros coles que participan no programa. Compartimos  experiencias, carreiras, partidos e merendilla. Aprendemos a que o importante non é gañar senón participar e divertirnos. Agora xa temos moitas amigas e amigos dos outros coles da bisbarra. Adiante co deporte!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> IFEVI 4º_5º

PROGRAMA PISCINA

 Neste novo programa o alumnado de sexto fala sobre a actividade de piscina que fixeron no segundo trimestre como pàrte da área de Educación Física.

 

Estade moi atentxs porque ao final hai unha nova pregunta do concurso que só se poderá responder si escoitades o programa. Recordade que o prazo de entrega remata o xoves a terceira hora e as respostas deben eentregarse no buzón da radio.

Agora a disfrutar do programa e da fin de semana!!!

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> VISITA AO MOSTEIRO

PROGRAMA ESPECIAL CROS 6º

Aquí tedes o podcast que preparou 6º para falarnos da súa aventura no CROS DEPORTE ESCOLAR...atentas para contestar ben á pregunta do concurso.

 

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

PISCINA 2024

Volvemos a tirarnos á piscina co alumnado de 5º e 6º. Durante as clases de Educación Física, os martes, colleremos o autobús para ir a clases de natación na piscina de A Guarda. Feernando, Laura e Ana, son as monitoras que nos ensinarán a nadar en todos os estilos. Facemos moito deporte e reulta unha experiencia moi educativa. A nadar!!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> PISCINA 5º, 6º

CROS ESCOLAR XOGADE

Despois dunha chea de aplazamentos o pasado xoves, por fin, fomos a participar no CROS ESCOLAR de XOGADE en BAIONA. Como era de esperar foi unha xornada estupenda, alí coñecemos moitas rapazas e rapaces doutros coles, nos esforzamos por facer unha carreira rápida e disfrutamos dun día soleado na Praia da Ladeira. Despois de tanta chuvia o tiñamos merecido. 

Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria en carreiras separadas de chicos e chicas (esto si que nos pareceu raro) e a distancia foi de case un kilómetro para 4º e 5º e case dunha MILLA para os de 6º. Chegando á meta as pernas xa estaban agotadas pero o esforzo pagou a pena...felices de participar e emocionados de ver que algunha rapaza e algún rapaz recibiu diploma por quedar entre os 10 primeiros da súa categoría. Esperamos repetir para o ano que ven....a correeeer!!!

FOTOS DO CROS DE BAIONA

Álbum: CURSO 2023-24 -> CROS BAIONA + PROVINCIAL PONTES

O ALUMNADO DE BOULDER VOS DESEXA BO NADAL!!!!

A piques de marchar de vacacións, as nenas e o neno de boulder queren felicitarvos O Nadal. Despois dun trimestre intenso no que aprenderon moitas técnicas e exercicios para escalar, agora están a sacar os novos bloques do noso rocódromo. Nestes novos problemas de boulder hai bastantes dificultades que requiren de utilizar ben os músculos para poder resolvelos. E sobre todo hai que usar o músculo máis importante para escalar ben...sabedes cal é? Acertastes: o cerebro. 

Esperamos que pasedes unhas boas festas e que o novo ano veña cargadiño de ilusión e novas escaladas. Apertas a todxs!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut