O alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria participou no 1º Concurso de animación á lectura. Foi unha actividade lúdica proposta como tarefa final á lectura do libro "El largo verano de Eugenia Mestre" que tivo lugar ao longo do mes de outubro no tempo destinado á Hora de ler. A súa lectura tiña como finalidade principal inculcar no lector valores tan importantes como a xenerosidade, tolerancia, xustiza e amizade.
Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Gene e Goyo, protagonistas da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que o moderador lles ía facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C.
Gañadores do concurso
Os participantes quedaron moi satisfeitos co desenvolvemento do concurso e xa están desexando rematar a lectura do próximo libro que traballaremos no Club de lectura, "El laberinto de los números romanos", incluído como recomendación no Plan anual de lectura e en relación ao PDI da biblioteca "Megúllate nun mar de números".
O alumnado de 1º curso de Ed. Primaria estivo traballando na "Hora de ler" o poema de Gloria Sánchez titulado "O fafarrún", dentro do PDI, que neste curso se está a desenvolver no centro, titulado "Mergúllate nun mar de números" e en relación á temática central que se propón desde a Asesoria de Bibliotecas aos centros do PLAMBE: "Biblioteca escolar... matemático".
Para ilustrar o poema, o alumnado utilizou imaxes de números da web www.escuelaenlanube.com que decorou segundo a súa imaxinación.
Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado...
Imaxes en pdf para traballar o poema: