PDI

Cría de gusanos de seda

Durante o mes de abril e maio criamos no centro gusanos de seda.

  1. Traballo con conceptos relacionados co coidado do medio ambiente (flora e fauna)
    • O cultivo de vermes de seda.
  2. As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
    • Exposición e charla de tres alumnas da Facultade de Ciencias da Educación sobre os vermes de seda.
    • Coidado de vermes de seda (casa, hixiene, alimentación,...)
  3. Realización de carteis informativos sobre o coidado da flora e da fauna.  

Coidando o Horto escolar

Durante o mes de abril de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución da produción de dióxido de carbono e a redución do consumo para o cal nos centramos na plantación de produtos agrícolas na horta do CIFP Portovello. 

  1. Traballo con conceptos relacionados coa redución do consumo e a produción de dióxido de carbono.
    • O cultivo na horta escolar.
  2. As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
    • Cultivo na horta do CIFP Portovello de produtos como: cebolas, leitugas, tomates, cenorias e fresas. Comprometémonos a axudar ao alumnado de 2º de Educación Primaria a coidar os produtos plantados realizando actividades como regar e retirar as herbas.
    • Configuración dun horto propio na escola.
  3. Realización de carteis informativos sobre o beneficio de usar os hortos escolar.    

 

Plantando árbores

Durante o mes de marzo de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución da produción de dióxido de carbono e como un dos elementos básicos é a plantación de árbores.

  1. Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
    • A do dióxido de carbono. Plantamos árbores.  
  2. As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
    • Traballo a través do libro “Quen roubo o inverno”.
    • Plantar un ameneiro no exterior do colexio.
  3. Realización de carteis informativos sobre o beneficio de plantar árbores.   

 

PDI de 5º de Ed. Primaria

O curso escolar 2021/2022, o alumnado de 5º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, que leva o título: "O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta!

A memoria do proxecto está dispoñible na seguonte ligazón: Memoria en pdf.

Nas seguintes ligazóns reflectimos as actividades realizadas ao longo do curso para desenvolver o noso proxecto:

O Sueiriño a diversidade respecta

Durante todo este curso 2021-2022, na aula de apoio, levamos a cabo un proxecto dedicado a fomentar o coidado e respecto do noso medio ambiente.

As principais actividades realizadas, para levalo a cabo, foron as seguintes.

Aproveitamos as estacións do ano e a celebración dalgunhas festas populares no noso centro, inculcar ditos valores:

  • No Samaín (realizamos cabazas con botellas de pet).
  • No outono fixemos unha recollida de follas.
  • No Nadal decoramos a nosa árbore de nadal con campaíñas feitas con casulas de café.
  • Empregamos materiais de refugallo para simular flores e plantas da nosa contorna.
  • Na primavera traballamos o libro de Naturizo O retorno das flores. Basándonos na lectura deste libro, elaboramos flores,  paxaros... con material de refugallo para adornar un maio moi especial.

 

 

 

Horto escolar, colleita 2022

Despois do éxito do horto escolar do curso pasado realizado no CIFP Portovello en colaboración co seu profesorado e alumnado, este ano voltamos a realizar a nosa pequena plantación de produtos hortícolas no espazo que nos acondicionaron para dita actividade nas instalación do centro.

Antes de ir ao horto, realizamos na aula a listaxe das plantas que iamos mercar no viveiro de Agrolimia e do material que precisabamos para realizar o traballo. Unha vez rematada a listaxe, dirixímonos ao viveiro do barrio para mercar ditos produtos. Entre todos e todas fomos recollendo as plantas coa colaboración dos responsables de Agrolonia que tan amablemente nos atenderon.

Rematada a compra, calculamos nos o importe da factura e pagámoslle ao encargado a cantidade xusto que coincidiu exactamente co que puña na factura. A nosa sorpresa foi que nos fixeron rebaixa  polo ben que nos portamos na tenda. Con ela mercaremos algunha vianda para degustar o próximo día que veñamos regar.

A continuación dirixímonos ao Horto escolar do CIFP Portovello, situado no seu patio exterior, para realizar a nosa plantación:

  1. Preparamos a terra do horto, sacándolle pedras e herbas.
  2. Abonamos a terra, e removemos o abono con ela para que se integrara mellor.
  3. Plantamos os tomates, as leitugas, as cenorias, as cebolas e as fresas.
  4. Acondicionamos, outra vez, o terreo da plantación.
  5. Por último, regamos as plantas ao carón do seu pé.

En principio, temos programado ir regar ao noso horto unha vez á semana e de paso comprobar como evoluciona o crecemento das plantas.

Xa só nos falta esperar a ter froitos para degustar na nosa aula.

Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira

O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable.

A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense.

Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller.

O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas.

COIDEMOS A CREACIÓN

Neste curso, o P.D.I. ten como temática do curso escolar 2021/2022 “O Sueriño a diversidade respecta... TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA”  que nos mostra a necesidade de traballar xuntos para coidar e preservar o medio ambiente.

Dende a área de Relixión nos centramos  na creación de Deus de toda a natureza que nos rodea. E traballamos nesta temática cos cursos  1º de Primaria e 2º Primaria.

Os nenos e nenas realizaron un traballo acerca da creación de Deus baseada no relato da  la Biblia nos capítulos un e dous do  libro de Xéneses. Nestes capítulos relátase como se formou a natureza e os seres vivos que nela viven e como Deus lle deu ao home e á muller unha instrución para que coidaran a súa creación.

Deus fixo a terra para que fora un fogar fermoso para a humanidade, ao ver a súa Obra cualificouna de “moi boa” e encomendou ao home para que a cultivara e a coidara.

De Base a Base e leo porque me toca

Os/as nenos/as de 3º E.P.  preguntáronse: Por que xogar a xogos de mesa coñecidos se podemos inventar o noso propio? Meu dito, meu feito: Elaboramos un que se chama “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”.

Despois de coñecer a vida e o hábitat dos pingüinos na Antártida da man das mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, decidimos dar un salto atrás no tempo ata Atapuerca seguindo os pasos das mulleres e homes da Base Cid Campeador.

Saímos de Illa Decepción pasando por Burgos ata chegar de volta ao noso cole. Nesa viaxe coñecimos a un heroe da Antártida como Scott, o xacemento de Atapuerca e o evento deportivo do cross nesa serra. A Base recibiu o Premio Evolución de mans da Fundación Atapuerca. Algunha información xa tiñamos grazas ao proxecto sobre Atapuerca e María Martinón que desenvolvemos o curso pasado.

Na nosa chegada a Burgos, conmemoramos o aniversario da catedral, soubemos que alí se atopa soterrado o Cid. Das súas andanzas da conta o clásico da literatura “Cantar de Mío Cid”.

Pensando en CASTELOS, demos voltas por CASTELA- León, CASTELA A Mancha, CASTRILLO DEL VAL en Burgos, CASTRELO do Val e CASTRELO de Miño en Ourense.

E falando de reciclaxe, en Castrillo del Val acadaron o certificado ISO 14001. Nós somos máis modestos, pero poñemos o mellor de nós nas tres Rs.

Na biblioteca escolar do centro atopamos todos os libros necesarios para desenvolver o noso proxecto e na rede aprendemos a buscar a información precisa e as respostas ás nosas dúbidas.

E como di a nosa versión libre do “Cantar de Mío Cid”:

“Quiso la escuela recrear en esta humilde versión
Trabajos y esfuerzos hechos desde el corazón”

Coa busca de información foi a través da rede, ademais de obter información, aprenderon a usar a necesaria e descartar aquela supérflua.

As lecturas programadas para a actividade foron as seguientes:

  • Mi primer Cid  ( Ed. Espasa )
  • El Cid Campeador ( Ed. Susaeta )
  • La Leyenda del Cid ( Ed. Vicens Vives )
  • Cantar de Mío Cid ( Ed. Anaya )
  • La Edad Media ( Ed. SM )
  • Caballero ( E. Susaeta )
  • Cromañón. Colecc. Me llamo ...   ( Ed. Parramón )
  • La Prehistoria ( Ed. VOX )
  • La Prehistoria ( Larousse Ed. )
  • Revista “O Papagaio”, nº 9
  • Revista “Reportero DOC”, nº 211, 213, 244, 255
  • Me gusta reciclar ( Ed. Bruño )
  • Eco Héroes ( Ed. VVKids )
  • ¿Quién usa las papeleras? ( Ed. Edelvives )

Destacamos o título “ATAPUERCA, PERDIDOS EN LA COLINA” de Eudald Carbonell y José María Bermúdez de Castro, ( Ed. Destino ), fonte de información precisa da  cooperación do equipo investigador e da Base Castrillo del Val.

PDI de centro 2021/2022

Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa

A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa.

Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:

Os superrecicladores do cole Aniamigos:sempre ao noso carón

Coidemos da nosa vida...

Todos e todas reciclamos
 DesenlixARTE Salvemos o planeta
Coidemos a creación O Sueiriño a diversidade respecta
Creamos co lixo Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni!
Planeta verde, planeta azul  

 PDI DE ÁREA

From the Tate to the Sueiro  
 
Distribuir contido