FAO

Last but not least

No tempo no que o outono está a chegar, os nenos e nenas do cole achegámonos ao horto que coidamos ao longo do curso pasado no CIFP Portovello.

Xa disfrutamos das nosas lettuce, carrots, onions and tomatoes no mes de xuño.  (Das nosas andanzas xa tivestes información na web do centro o curso pasado).

Pensamos que sería a nosa última colleita, pero ... SURPRISE, SURPRISE: Recollemos de novo tomatoes and cherries! E ben bos que están.

Quen sabe se será esta a nosa derradeira e última colleita!

A Strawberry Garden

No noso cole non temos STRAWBERRY FIELDS, nen somos THE BEATLES.

Nós somos así de especiais e temos A STRAWBERRY GARDEN e somos os máis peques da escola, os SUPERPEQUES.

Unímonos aos SUPERHEROES de 2º E.P. na súa teima pola FRUIT e coidamos e recolectamos as strawberries que medraron no noso GARDEN.

E ben boas que están! Ata os paxaros deron conta delas! Doces e RED!

 

OS FOOD HEROES SAEN DA ESCOLA

Os/as nosos SUPERHEROES non se conforman con coidar o seu GARDEN no cole. Agora deciden dar un chimpo e plantarse, nunca mellor dito, no CIFP Portovello coas súas tools e vegetables para facer a plantación da spring.

En autumn plantamos e recollemos carrots, en winter plantamos Spanish onions ás que aínda lles queda un pouco para poder recollelas. E agora, en spring, no CIFP Portovello, plantamos tomatoes, lettuce, carrots e chives. Cando recollamos todo, disfrutaremos dunha HEALTHY SALAD.

Moitísimas GRAZAS á comunidade educativa do CIFP Portovello por deixarnos un recunchiño do seu garden e ao profesorado por axudarnos na plantación dos nosos produtos.

Somos os SUPERHEROES, os heroes da saúde, e na nosa teima por coidar a nosa saúde, insistimos na importancia dunha dieta saudable para unha mellora da nosa saúde xeral.

Non esquezades o dito: ONE APPLE A DAY, KEEP THE DOCTOR AWAY!

Supersaudables

O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables.

Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado.

Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema.

Food Heroes!

INTERNATIONAL YEAR OF FRUITS AND VEGETABLES
#IYFV2021

A FAO adica este ano 2021 ás froitas e verduras. Desde o noso colexio queremos incorporarnos a esa campaña co fin de manter unha dieta máis saudable e ao mesmo tempo, sostible.

E como somos os/as SUPERHEROES do coidado da saúde de todos/as nós, convertémonos tamén nos FOOD HEROES.

Podes seguir as aventuras dos Food Heroes nos seguintes Activity Books:

O compromiso do CEIP Manuel Sueiro coa alimentación sa e saudable queda patente na campaña de froita no recreo que estamos a desenvolver.

Pola nosa banda, puxemos en marcha o noso GARDEN PROJECT, que desenvolveremos en cada estación.

In AUTUMN plantamos as primeiras seeds co fin de recolectar carrots. Step by step fixemos o noso camiño: Rocks – Sand – Compost – Seeds – Compost, and ... WATER

Comezamos no outono do 2020 e recollemos a harvest nos inicios do 2021. Levamos para a casa as nosas mini-carrots e ben sabrosas que están.

ATENTOS Á NOSA SEGUINTE PLANTACIÓN!

Distribuir contido