Skip to Content

4º Curso

Iniciación ao golf

O venres 19 de maio de 2023, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Iniciación ao Golf” nas instalacións do Real Montealegre Club de Golf no concello de Pereiro de Aguiar en Ourense. Esta actividade está encadrada dentro do programa PVDA e dentro dela dentro do programa XOGADE.

A actividade estivo dividida en dúas sesións. A primeira delas consistiu nunha pequena charla na que explicaron cales son os conceptos básicos e as normas de seguridade. E comezamos  a xogar co golpeo longo. Unha vez que xa coñecemos como facelo subimos nos carriños de golf e fomos vendo os 18 buracos dos que está composto o Real Montealegre Club de Golf. Para rematar estivemos practicando o golpeo corto ou pich&putt.


A actividade rematou merendando na cafetería do Real Montealegre Club de Golf.

A experiencia é  inesquecible, as instalacións magníficas e a atención impresionante... xa estamos agardando regresar para xogar nestas marabillosas instalacións.  

Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra

Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra”  ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros.

Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Neste día a docente coordinadora do proxecto expuxo, xunto co alumnado de 4º de Educación Primaria, o proxecto Mirando sen ver que foi merecedora deste galardón.

Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla.

Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado.

PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!

 

Mochila viaxeira de 4º de EP

O curso escolar 2022/2023 o alumnado de  4º curso utilizaron 4 mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompaña a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º mochila:

  • Lingua Galega.

Cando a terra esqueceu xirar.  Fina Casalderrey. Ed.SM.

  • Lingua castelá.

Lechuza detective 3. El inquietante caso del huevo roto. Álvaro Núñez, Alberto Díaz, Miguel Can. Ed. Anaya.
Reportero DOC. Nº 293

2º mochila:

  • Lingua Galega.

Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costa. Ed. Xerais

  • Lingua castelá.

Días de clase. Daniel Nesquens. Ed. Anaya.
Reportero DOC. Nº 276

3º mochila:

  • Lingua Galega.

Choven palabras no futuro. Xunta de Galicia. Gálix

  • Lingua castelá.

Diario de Greg 16. El número 1.  Jeff Kinney. Ed. Molino.
Papagaio Nº 18   2023
Leo Leo Nº 395
Reportero DOC. Nº 276

4º mochila:

  • Lingua Galega.

Os Megatoxos e o Reto de Internet.  Anxo Fariña. Ed. Xerais

  • Lingua castelá.

Diario de Nikki. Una famosa con poco estilo. Rachel Renée Russell. Ed. RBA Molino
Papagaio Nº 18   2023
Leo Leo Nº 389
Reportero DOC. Nº 306

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos.

É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Hora de ler en 4º EP

Durante o curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras dona María Sol Ferreiro López e dona Cristina Martínez Martínez , centrándose nos seguintes obxectivos:

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre a cultura de Dinamarca.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do libros.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.

Temporalización.

  • Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 1º: A Señorita Bubble  de Ledicia Costas da editorial Xerais

O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.

  • LIBRO 2º: Peligro Vegetal de Ramón Caride da editorial Anaya.  

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo.

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 3º: Diario de Greg 17 Dando la nota de Jeff Kinney da editorial Molino.  

O libro foi traballado nos meses  de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock.

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 4º: A pequena compaña  de Carlos Labraña da editorial Embora. Esta divertida e máxica obra de teatro foi gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro.

 

Hora de ler en 4º EP

Durante o curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras dona María Sol Ferreiro López e dona Cristina Martínez Martínez , centrándose nos seguintes obxectivos:

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre a cultura de Dinamarca.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do libros.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.

Temporalización.

  • Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 1º: A Señorita Bubble  de Ledicia Costas da editorial Xerais

O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.

  • LIBRO 2º: Peligro Vegetal de Ramón Caride da editorial Anaya.  

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo.

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 3º: Diario de Greg 17 Dando la nota de Jeff Kinney da editorial Molino.  

O libro foi traballado nos meses  de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock.

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • LIBRO 4º: A pequena compaña  de Carlos Labraña da editorial Embora. Esta divertida e máxica obra de teatro foi gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro.

 

Clubs de lectura do curso 2022/2023

O funcionamento do club de lectura no centro, no curso 2022/2023, funcionou como paraugas de varios clubs que xa viñan funcionando de anos anteriores en distintos cursos, e tivo como finalidade espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer.

Nas seguintes ligazóns reflectiremos o traballo desenvolvido nos clubs de lectura do noso centro:

Novo club de lectura de 1º ciclo
Club de lectura de 3º de EP Club de lectura de 4º de EP
Club de lectura de 5º de EP Club de lectura de 6º de EP

"Mirando sin ver"

Os/as nenos/as de 4º E.P. non atopaban resposta a por que ás veces miramos e non vemos e oímos sen escoitar. E nesas  andabamos cando, como nos últimos tres cursos, unha das Bases do Ejército de Tierra, a Base Oroel San Bernardo, deunos a resposta.

Saímos do cole rumbo a Antártida, compartindo espazo e tempo coas mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, nun chimpo chegamos a Castrillo del Val en Burgos para saudar ao persoal da Base Cid Campeador e como non estabamos lonxe, achegámonos a Jaca en Huesca, para coñecer ao GMAM e o seu traballo a prol das persoas con discapacidade visual.

O ano 2022 estaba no seu trimestre final e soubemos que a ONU proclamou o ano 2022 como Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas. Cos recursos facilitados pola FAO deu comezo este proxecto.

A Biblioteca Escolar do centro facilitounos títulos para facer das montañas o eixe das nosas lecturas. Estes foron algúns:

  • Una gran ascensión. (Ed. Desnivel)
  • Fata y Pengba en el Machapuchare. (Ed. Desnivel)
  • Os Bolechas na montaña. (Ed. A nosa Terra)
  • O meu pequeno animalario. (Baía Edicións)
  • ¡Menudo canguelo en el Kilimanjaro. Gerónimo Stilton. (Ed. Destino)
  • La montaña parlante. Tea Stilton. (Ed. Destino)
  • Montañas. (Baía Edicións)
  • Cordilleras del mundo. (Ed. SM)
  • Dos montañas. (Adriana Hidalgo Editora)
  • La montaña. (Zahorí Books)
  • Sobre la montaña. (Ed. Edelvives)

Destacamos o libro remitido desde a EMMOE do GMAM, con información valiosa e
fascinantes fotografías que captaron a atención dos nosos/as alumnos/as.

Aprendemos xentilicios, JAQUÉS, JACETANO, OSCENSE, ..., ; situamos países, cordilleras, continentes, coñecemos nomes de picos montañosos, volcáns, desertos, ...

Para achegarnos á discapacidade visual traballamos co organismo internacional IAPB que nos facilitou recursos para o proxecto; coñecemos o sistema Braille e escribimos o título do noso proxecto nese sistema de escritura.

E como o noso proxecto vai de escalada e ollos, eliximos unha das cumes nas que o GMAM fixo cima xunto a discapacitados visuais chamado "OJOS DEL SALADO".

Elaboramos un xogo de preguntas e respostas para a “montaña” que creamos con material de refugallo e que leva por nome “De la Base a la cima”.

No día da poesía, e xa que falamos de ollos, recitamos un poema visual, un caligrama, co propósito de formar unha unidade coa montaña, a capacidade visual e o traballo de  mulleres e homes do Ejército de Tierra na Base Oroel San Bernardo, facendo unha chiscadela ao nome do noso cole.

Día de Europa

Galicia é Europa!!!

O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos os logros e a unidade en Europa.

Dendo o noso centro animamos ao noso alumnado a coñecer Europa e a investigar sobre a presenza de Galicia nas institucións da Unión Europea. Tendo como referencia a Fundación Galicia Europa (FGE), entidade que ten como fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Ti si que es un bo peixe

O 11 de maio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, participou na actividade “Ti si que es un bo peixe” na que realizamos a visita a Vigo.

As actividades de hoxe realizáronse no porto de Vigo e puidemos ver os halcóns que usa o porto de Vigo para controlar a poboación de gaivotas, visitar á cetárea López Nóvoa na que nos ensinaron diferentes tipos de marisco como lumbrigantes, centolas, lagostas,... e a Frigoríficos de Vigo onde vimos como se corta o peixe e as cámaras para a súa conservación.

Despois dun pequeno descanso fixeron dúas visitas moi interesantes a visita ao Observatorio Submarino Nautilus na que puidemos observar como se investiga sobre a poboación mariña e a visita ao Buque Hidra II, barco e vapor que se atopa atracado no porto de Vigo.

Unha vez rematadas ás visitas tocou o xantar desprazándonos ao mercado do Berbés na que nos deron unha merenda mariñeira composta por: pescada rebozada, ensalada de pasta con mexillóns e iogur.

Antes de regresar á derradeira visita tocou descansar e xogar un pouco no parque de xogos do Bebés. A última visita foi á poxa de marisco.

Despois dun día tan longo e de ver unha gran cantidade de empresas relacionados co mar, toca a hora  de regresar ao colexio...

Estamos desexando volver a vervos e repetir o obradoiro... moitas grazas polo día de hoxe.

Primeiro premio nacional do Exército de Terra 2023

O traballo realizado polo alumnado de cuarto de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 2023, baixo o título: "Mirando sin ver", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional.

O premio consiste en 4500 euros, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro o próximo día 29 de xuño en Madrid.

Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto.

Ligazón ao fallo do xurado.

Ligazón á nova na web do Exército de Terra

  • LIGAZÓN Á NOVA SOBRE O PROXECTO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut