Skip to Content

4º Curso

Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria

O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre.

Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma.

Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Encontros co escritor e editor Xabier Domínguez

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.

Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.

Reinterpretando a obra de artistas ourensáns

 

Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.

Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.

Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Acrosport nas clases de Ed. Física

Neste último trimestre do curso, practicamos na nova sala de psicomotricidade o deporte de acrosport que consiste nun deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios están integrados tres elementos fundamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides do corpo.
  • Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra.
  • Música que admita a combinación coreográfica dos elementos anteriores.

Con esta actividade estamos fomentando a cooperación, onde existe a presenza de compañeiros e compañeiras que sincronizan as súas accións motoras nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.


 ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA



ALUMNADO DE 3º DE EUCACIÓN PRIMARIA


O CEIP MANUEL SUEIRO RECIBE PERIÓDICOS DO MUNDO “EN GALEGO”

O día 3 de maio no noso cole, celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa.

Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos apoiar a independencia dos periodistas de todo o mundo.

O noso alumnado, para celebrar esta data, percorreron o mundo na procura de diferentes periódicos, estudando os diferentes formatos e novas.

Para rematar, modificamos esas partadas periodísticas, para reescribilas en galego e con novas positivas.

Obradoiro sobre as abellas

O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.

O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…

Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!

Mochila viaxeiras en 4º de EP

Ao longo do curso escolar 2021/2022 o alumnado de  4º curso  de Educación Primaria utilizou dúas mochilas viaxeiras de forma simultánea, o que permitiu que puideran disfrutar delas ao longo de 10 días.

O contido das mochilas foi escollido pola titora ao inicio de curso. En cada unha das mochilas había a mesma tipoloxía de lecturas e, incluso libros da mesma colección, para que todo o alumnado puidese achegarse ao mesmo tipo de textos.

En cada unha das mochilas houbo un caderno ou “diario” no que o alumnado tiña un espazo (e a data de posesión da mochila) para reflectir as súas impresións, facer debuxos ou opinar sobre o contido da mochila.

Ademais, pretendeuse  ofrecer textos de diferente índole, polo que nas mochilas sempre ía un exemplar da revista O PAPAGAIO, un texto en castelán e outro en galego (sempre compaxinando relato e cómic).

Á hora de seleccionar as lecturas para as mochilas tívose en conta o gusto, o interese e as recomendacións do alumnado, así como a dificultade dos textos  e o tempo para poder lelos.

Así, o material proposto para a a mochila viaxeira de 4º de E. P foi o seguinte:

1º trimestre:

2º trimestre:

3º trimestre:

Para concluír, podemos afirmar que case a totalidade do alumnado  valorou positivamente os textos das mochilas. A participación foi total, mais  implicación nas achegas no “diario” ou caderno  non foron demasiadas.

Case a totalidade do alumnado respectou as quedas das mochilas, malia que houbo casos non que se demoraron na entrega.

O feito de facérense responsables da súa mochila, do contido da mochila, de respectar as quendas e de compartir coas súas familias os diferentes libros supón para o alumnado unha actividade que fomenta a súa autonomía ao mesmo tempo que os estimula para dar a coñecer os seus gustos e valorar expresar as súas opinións e escoitar e respectar as dos demais.

DesenlixARTE

Ao longo do curso escolar 2021/2022, tendo como tema central o coidado do medio ambiente, a aula de 4º de Educación Primaria desenvolveu o proxecto “DesenlixARTE”. O proxecto realizouse ao longo de todo o curso, habitualmente na sesión de plástica (1 sesión semanal), malia que en certas ocasións, o tempo estendeuse a algunha outra sesión.

Con este xogo de palabras pretendeuse que o alumnado fose quen de amosar actitudes de respecto a prol do medio ambiente sendo conscientes do lixo que xeramos e vendo, que na maior parte das ocasións, o que consideramos “lixo” pode ter moitas utilidades e pode ter unha segunda oportunidade para converterse en arte.

Polo tanto, o obxectivo xeral deste proxecto foi elaborar traballos de investigación nos que o alumnado, ademais de indagar cuestións relacionadas co medio ambiente e co seu coidado, se familiarizara cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando diferentes recursos documentais, tanto da biblioteca escolar como da biblioteca de aula.

Entre os obxectivos propostos ao inicio de curso, traballáronse os seguintes:

  • Coñecer o concepto de desenvolvemento sostible e  a súa importancia a través da educación ambiental.
  • Traballar de forma ampla a reciclaxe e a clasificación dos diferentes tipos de residuos: coñecer os conceptos de redución, reutilización, reciclaxe e recuperación.
  • Empregar os colectores de clasificación do lixo.
  • Empregar diferentes técnicas e materiais en desuso para darlles unha segunda vida e convertelos en obras de arte.
  • Desenvolver actitudes de respecto, protección e conservación do medio ambiente.

Polo que respecta aos contidos, desenvolvéronse:

  • O uso de diferentes textos para a procura de información e utilización da mesma como fonte de aprendizaxe e de lecer.
  • A identificación de cambios observables que se producen nos seres e na contorna máis próxima.
  • A valoración da biodiversidade e o interese pola súa conservación.
  • A intervención humana no medio.
  • A contaminación e o cambio climático.
  • A curiosidade por coñecer as posibilidades plásticas dos diferentes materiais.
  • A interpretación da información.
  • O uso responsable de ferramentas, materiais e espazos.

En canto á metodoloxía empregada, pretendeuse que o alumnado fose protagonista das súas aprendizaxes, favorecendo os intercambios comunicativos, a escoita activa de distintos puntos de vista, potenciando a autonomía e poñendo en valor as virtudes individuais.

Ademais, favoreceuse a posta en marcha de diferentes tipos de agrupacións para traballar: traballo individual, traballo en parella, traballo en pequeno grupo e traballo con todo o grupo clase; sempre fomentando os intercambios orais.

Para iso, utilizouse unha gran variedade de materiais e en distintos soportes (escrito, dixital, audiovisual) e dando prioridade sempre á expresión oral co fin de desenvolver no alumnado actitudes adecuadas para enfrontarse ao acto comunicativo.

Por último, cómpre destacar que sempre se pretendeu facer un traballo contextualizado – non só respecto á temática do P.D.I.- tendo en conta os intereses do alumnado e os contidos que foron traballando na aula ao longo de todo o curso.

A través do proxecto contribuíuse á adquisición das competencias clave e, especialmente, ao desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, posto que os coñecementos desenvoltos e a aplicación dos mesmos por parte do alumnado na súa vida diaria, proporcionóullelas estratexias necesarias para favorecer e potenciar actitudes relacionadas co consumo responsable e co coidado do medio ambiente; estratexias imprescindibles para o seu desenvolvemento e a súa participación social. Contribuíu ademais ao desenvolvemento e adquisición do resto das competencias:

  • Comunicación lingüística (CCL): comprender  e expresar mensaxes de información xeral e de contido específico empregando a lingua con propiedade. Reflexionar sobre o funcionamento da lingua e apreciala como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe en contextos diversos.
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT): adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento para analizar, de forma individual ou grupal, cuestións científicas e tecnolóxicas. Coñecer e valorar as interaccións da ciencia e a tecnoloxía coa sociedade e o medio ambiente con atención particular aos problemas aos se enfronta hoxe a humanidade, destacando a necesidade de busca e aplicación de solución que permitan avanzar cara lograr un futuro sostible.
  • Competencia dixital (CD): obter información sobre temas científicos empregando as tecnoloxías da información e  a comunicación e  empregar os recursos didácticos dixitais que estean ao alcance para obter información.
  • Aprender a aprender (CAA): adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento para analizar, individualmente o en grupo, cuestións científicas e tecnolóxicas, favorecendo a posta en práctica de técnicas para aprender, organizar, memorizar e recuperar a información.
  • Competencias sociais e cívicas (CSC): valorar os hábitos sociais relacionados co consumo e co coidado do medio ambiente, contribuíndo á súa conservación.
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): ensinar a tomar decisións, a planificar e xestionar proxectos de traballo transformando ideas en acción, afrontando problemas e aprendendo dos erros.
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC):  coñecer outras culturais e sociedades ou formas organizativas diferentes para desenvolver actitudes de respecto pola cultura propia e pola dos demais.

Polo que respecta ás actividades realizadas, cómpre sinalar que todas as actividades estaban encamiñadas e relacionadas co fomento da expresión plástica. Ademais, todas as obras de arte realizadas, estaban relacionadas cos contidos de ciencias da natureza, o que nos permitiu facer versións de cadros famosos. Polo tanto, ademais dos contidos traballados na aula, o alumnado foi descubrindo e recoñecendo artistas de renome, valorando as súas creacións e axudándose de elementos reciclados ou de “lixo” para facer as súas versións. As actividades ou obras creadas foron as seguintes:

1º trimestre

  • Los girasoles de Van Gogh (as plantas)
  • La vis de Henri Matisse (as plantas)
  • El hijo del hombre de Magritte (as plantas)
  • Cabaza de Yayoi Kusama (Samaín)
  • Adornos de Nadal
  • Árbore de Nadal

2º trimestre

  • Máscara de peliqueiro (Entroido)
  • Disfraz (Entroido)
  • Mural de Keith Haring (os sentidos)
  • Maqueta do relevo de España (o relevo)

3º trimestre

  • Retrato cubista de Picasso (órganos dos sentidos)
  • Retrato cubista de Picasso (cara)
  • Mural de Keith Haring (aparato locomotor)
  • Mural de Keith Haring (órganos dos sentidos)
  • El verano 1563 de Giuseppe Arcimboldo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut