Skip to Content

A Bandeira

Día de Europa

A bandeira europea simboliza tanto a Unión Europea como, máis amplamente, a identidade e a unidade de Europa.

A bandeira está formada por 12 estrelas amarelas dispostas en círculo sobre fondo azul. As estrelas representan os ideais de unidade, solidariedade e harmonía entre os pobos de Europa.

O número de estrelas non ten nada que ver co número de países da UE, aínda que o círculo si é un símbolo da unidade.

Historia da bandeira europea


A historia da bandeira remóntase a 1955. O Consello de Europa, que defende os dereitos humanos e promove a cultura europea, elixiuna co seu deseño actual para o seu propio uso. Co paso dos anos, animou as incipientes institucións europeas a que fixesen tamén súa esta bandeira.

En 1983, o Parlamento Europeo decidiu que a bandeira das comunidades sería a mesma do Consello de Europa. En 1985 foi adoptada por todos os dirixentes da UE como emblema oficial das Comunidades Europeas, que co tempo pasarían a ser a Unión Europea.

Bandeira Europea



book | by Dr. Radut