A melodía que simboliza a UE procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música a "Oda á Alegría" escrita por Schiller en 1785.
O himno non só simboliza á Unión Europea, senón tamén a Europa nun sentido máis amplo. A "Oda á Alegría" de Schiller expresa a visión idealista da fraternidade entre os seres humanos, visión que Beethoven compartía.
En 1972, o Consello de Europa converteu o tema da "Oda á Alegría" de Beethoven no seu himno. En 1985, foi adoptado polos dirixentes da UE como himno oficial da Unión Europea. O himno non ten letra, só música. Na linguaxe universal da música, é a expresión dos ideais europeos de liberdade, paz e solidariedade.
O himno europeo non pretende substituír aos himnos nacionais dos países da UE, senón máis ben celebrar os valores que todos eles comparten. O himno tócase nas cerimonias oficiais da Unión Europea e, en xeral, en todos os acontecementos de carácter europeo.
Himno Europeo: