Skip to Content

Parlamento Europeo

Día de Europa

O Parlamento


Función: Órgano da UE elixido por sufraxio directo, con responsabilidades lexislativas, de supervisión e presupostarias
Membros: 751 eurodeputados (deputados ao Parlamento Europeo)
Presidente: Martin Schulz
Creado en: 1952 como Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, 1962 como Parlamento Europeo, primeiras eleccións por sufraxio directo en 1979
Sede: Estrasburgo (Francia), Bruxelas (Bélxica), Luxemburgo
Sitio Web: Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo é o órgano lexislativo da UE. É elixido directamente polos votantes da UE cada cinco anos. As últimas eleccións celebráronse en maio de 2014.

Funcións do parlamento


O Parlamento desempeña tres funcións principais:

  1. Competencias lexislativas
    • Aprobar a lexislación da UE, xunto co Consello da Unión Europea, a partir das propostas da Comisión Europea
    • Decidir sobre acordos internacionais
    • Decidir sobre ampliacións
    • Revisar o programa de traballo da Comisión e pedirlle que elabore propostas de lexislación
  2. Competencias de supervisión
    • Control democrático de todas as institucións da UE
    • Elixir o Presidente da Comisión e aprobar a Comisión como colexio. Posibilidade de aprobar unha moción de censura, que obrigue a Comisión a dimitir
    • Aprobar a xestión do presuposto, é dicir, a aprobación do xeito en que gastaron os presupostos da UE
    • Examinar as peticións dos cidadáns e realizar investigacións
    • Debater a política monetaria co Banco Central Europeo
    • Formular preguntas da Comisión e do Consello
    • Observación electoral
  3. Competencias presupostarias
    • Establecer o presuposto da UE xunto co Consello
    • Aprobar o presuposto da UE a longo prazo («marco financeiro plurianual»)

Composición


O número de eurodeputados por cada país é aproximadamente proporcional á súa poboación, pero seguindo unha proporcionalidade decrecente: ningún país pode ter menos de 6 nin máis de 96 eurodeputados, e o número total non pode ser superior a 751 (750 máis o Presidente). Os deputados ao Parlamento Europeo agrúpanse por afinidades políticas, non por nacionalidades.

O Presidente representa ao Parlamento ante as demais institucións da UE e no exterior e dá o visto e prace final ao presuposto da UE.

 

Como funciona o Parlamento


O traballo do Parlamento componse de dúas etapas principais:

  • nas comisións - prepárase a lexislación.

    O Parlamento conta con 20 comisións e dúas subcomisións, cada unhas das cales se ocupa dun ámbito político determinado. As comisións examinan as propostas de lexislación e os eurodeputados e grupos políticos poden presentar emendas ou propoñer rexeitar un proxecto de lei. Estas cuestións son tamén obxecto de debate nos grupos políticos.

  • nas sesións plenarias - apróbase a lexislación.

    A sesión plenaria é o momento en que todos os deputados do Parlamento Europeo se reúnen na cámara para a votación final da lexislación proposta e das propostas de modificación. Normalmente celébranse en Estrasburgo durante catro días ao mes, pero ás veces hai sesións adicionais en Bruxelas.


book | by Dr. Radut