Chus Lago naceu en Vigo no ano 1964.
O seu pai era alpinista e grazas a el iniciouse no mundo do deporte de montaña. Con 11 anos estreouse no Vixiador (un outeiro preto de Vigo), e continuou nos Pireneos, Andes, Kenia e o Himalaya, unha cordilleira que descubriu aos 22 anos, onde comezou a súa carreira para alcanzar as grandes cumes.
En 1992 formou parte dunha expedición galega ao Everest, pero problemas de convivencia, entre os membros do grupo, impediron que Chus chegase á cima.
No ano 1998, Chus Lago, retomou o seu proxecto de subir ao Everest sen osíxeno e quedou ás portas do éxito. Regresou na tempada seguinte e o 26 de maio de 1999 alcanzou o cume do Everest, sen osíxeno artificial, aínda que na baixada empregou unha botella de osíxeno que deixara ao subir, durante aproximadamente dúas horas e media, polo que o seu éxito no Everest non se contabiliza como un ascenso sen osíxeno. Na expedición só contou coa axuda dun porteador tibetano que non era especialista. Os seus compañeiros de ascenso non vían con bos ollos que unha muller fose quen de ascender ao pico mais alto do mundo sen necesitar da súa axuda.
En xaneiro de 2009 converteuse na primeira persoa española en alcanzar o Polo Sur, despois de 59 días transitando en solitario pola Antártida. A súa experiencia, gravada cunha cámara que a propia escaladora levaba, foi publicada en TV por Canal+.
No seu currículo tamén hai que engadir que no ano 2007 pasou a formar parte do goberno do concello de Vigo ao cargo da concellería de Medio Ambiente ata o ano 2019.
Actualmente atópase residindo en EEUU co súa familia.
RECURSOS
- Biografía en pdf.
- Presentación sobre a súa vida.