Skip to Content

Concepción Arenal

A vida de Concepción Arenal (Ferrol, 1820 – Vigo, 1893) estivo marcada pola persecución que sufriu o seu pai por ter unas ideas moi liberais.

De ascendencia aristócrata, estudou en Madrid nun colexio de señoritas que impartía un tipo de educación destinado só a nenas de clases acomodadas. Este tipo de educación foi criticado por ela, definindo esa formación como a “arte de perder o tempo”.

Na súa formación foi bastante autodidacta xa que o ambiente non era moi propicio para que unha muller se puidese formar. De feito tivo moitos atrancos para estudar na Universidade de Dereito, pois non se permitía o acceso a estudos superiores ás mulleres. Ela burlouse desta norma disfrazándose de home para asistir ás clases. A Universidade, daquela, prefería unha muller travestida a unha muller estudante.

Traballou de "visitadora de prisións de mulleres" loitando polos dereitos das mulleres nas prisións e formando a esas mulleres.

Ten unha ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor das: críticas á inxustiza social do seu tempo, particularmente contra a marxinación da muller, a condición obreira e o sistema penitenciario. Como penalista propuxo unha función educativa do sistema penitenciario que reformase o delincuente en lugar de castigalo.

Das súas obras, sobre a condición feminina, sobresaen “La mujer de su casa” e “La mujer del porvenir”. En “La mujer de su casa”, estudou os problemas a que debía enfrontarse a muller española do seu tempo para ocupar digna e eficazmente o posto no que a sociedade humana a necesita. Sostivo que era una profunda e nefasta equivocación do home a de manter o principio de que a muller perfecta "non pensa máis que na súa casa, no seu marido e nos seus fillos". En “La mujer del porvenir” combateu os prexuízos sobre a suposta inferioridade fisiolóxica, moral e intelectual da muller e explorou as consecuencias do seu acceso á educación e ao traballo.


RECURSOS  A AULA


 



book | by Dr. Radut