Blogues

Cómo facer cos "enfados??"

Ola ola caracola !

 Na web de orientación Bob Esponja recoméndanos algúns "trucos" para manexar o enfado e a frustración, asi que podemóslle botar un vistazo despois das tarefas de inglés , galego e mate que temos para hoxe.

 Si pulsas na imaxe valo saber e xa nos contarás... Ata mañán!!!

 

 

Resolución definitiva alumnado admitido para o curso 2020-2021

No taboleiro de anuncios do centro xa figuran expostas as listaxes de alumnado admitido para o próximo curso 20 - 21. Estas, non sufriron modificacións con respecto as provisionais publicadas con anterioridade. Poden consultarse presencialmente ou chamando aos teléfonos do centro 981617130 / 676727505.

 

"O Museo na casa"

Ola ola caracola!

Tocade na imaxe e teredes sorpresa.¿ Qué vos parece? . Na web de Dinamización da Lingua Galega invítanvos a visitar o Museo de Belas Artes da Coruña onde podedes facer unha visita virtual que, de seguro, resultará apaixoante asi que, animádevos e despois das clases de hoxe: Música, Lengua e Mate a disfrutar do Museo da Coruña que, despois vaivos apetecer visitalo en persoa.

Xa nos contades..., ata mañán!!!

Venres en familia

Ola ola caracola!

Xa chegou de novo o venres e este e xa o penúltimo venres deste curso tan raro e tan especial que levamos. No horario de hoxe temos clase de Educación Física, Ciencias e Relixión ou Valores e, como todas dende Marzo,  a clase será na casa e ca familia.

Jo!!! que importante é a familia ! , cada quen quere a súa e non a cambiaría por nada no mundo. Disto nos fala o conto que podedes ver e escoitar despois de facer as tarefas e podédelo ver en familia , pensando na sorte que temos de estar xuntos e desexando que todo pase e saia ben como di a canción que podedes escoitar e cantar a continuación.

Xa nos diredes se vos gustou . Bicsss...

Un diccionario para soñar

Ola ola caracola... Hoxe mércores tócanos Educación Física, Matemáticas e Lengua Castellana, como xa non queda case que nada para acabar o curso debemos traballar con ganas e despois se vos apetece podedes participar nunha actividade que propoñen as profes de 5º infantil no seu boletín semanal e que pode resultar divertida. Tedes tamén un pdf que podedes descargar entrando nesta mesma nova (clic no título da nova) abaixo de todo, despóis das aportacións de Leo e Olivia.

 

Aí vai:

                                           

  

                   Xa temos alguns participantes

                                                                          

                   Esta é a aportación de Leo                                                              Olivia envíanos esta  

 

Penúltimo martes de curso

 Ola caracola!

Xa so quedan dous martes deste curso tan especial que tivemos. Hoxe toca inglés, galego e mates e xa temos ganas de rematar e desconectar asi que hai que facer o esforzo final e ...listo.

Vaia chea de amigos e amigas que cumplen este mes de xuño e que chulo lles quedou aos saudadores o video de aniversarios, non si?

Deixade os voso comentarios si vos gusta. Ata mañán!

Comenzamos a semana !

Ola ola caracola...!

Penúltima semana deste curso e, unha máis , o cole vacío. Que ganas de vervos polas clases, na biblioteca, na aula de música, de informática, de inglés... Cando voltedes haberá sorpresa porque o venres recibimos a visita de Adriana, unha compañeira da Federación Autismo Galicia, ca que tiñamos unha cita pendiente pero isto do COVID impediu que viñera antes. Adriana veu para etiquetar os espazos do colexio , para que todos e todas saibamos como se chama cada espazo , para que serve e/ou como se utiliza.

E todo con debuxos, que se vexa moi clariño e podamos entendelo sen necesidade de palabras. Bueno tamén pon o nome e quen queira pode leelo.

Isto resultaranos moi útil e axudará especialmente a aqueles nenos e nenas aos que lles resulta difícil entender donde está e como se chama cada espazo. Para saber un pouco máis sobre isto os papás e as mamás, si fan click neste enlace da web de orientación, podeáan acceder a un artigo moi interesante e ,para vós... dous contos divertidos con pictos.

Día Mundial do Medio Ambiente

El mundo celebra el día mundial del medio ambienteOla ola caracola!

Educación Física, ciencias e reli ou valores é o que nos toca para hoxe . Máis que nunca deberemos pensar en facer as tarefas de xeito "amigable" co medio ambiente e ... que poderíamos mellorar?

Sendo o día que é hoxe, non podían estar desaparecidos ,  que alegría que aparezan por aquí @s do Bosque e, que noticia  interesante nos traen , lede lede !!!

Sabedes que día é hoxe? 5 de xuño e celébrase o Día do Medio Ambiente, polo que aquí estamos o Equipo de Bosque para darvos a coñecer a flora da nosa contorna e uns consellos para que o planeta Terra estea mellor.
Cada quen é responsable dos seus hábitos e decisións. E ti... queres axudar?
Hoxe é un bo día para replantexarnos cousas.

"Cando se encapota o sol en xoves antes do domingo chove"

 

 

Grupo Coruña | Qué hacer en Coruña          Ola ola caracola...!

O prometido é debeda e os refráns aportados por todas as "figuras" do Luis Seoane xa están aquí. Pero primeiro é a obrigación e despois a devoción así que como estamos a xoves e toca inglés, ciencias e galego  despois de facer as tarefas pasaremos un tempo divertido mirando o video que nos preparou a profe de audición e linguaxe.

Quedou xenial , grazas a todos os participantes e,  a seguir conectados que disto imos sair ben. Ata mañán!!!

 

En equipo... nunca mellor

Ola,ola caracola...

Xa mércores e con choiva bueno xa o dí o refrán ata o coarenta de maio..., pero de refráns falaremos mañá e moito, veredes que sorpresa!.

Hoxe tócanos traballo en equipo e loita pola superación porque si de algo nos serviu esta pandemia foi para valorar a importancia de traballar en equipo (nós demostramos ser equipo) e de superar obstáculos .

Así que, despois de traballar cas mate, lengua e educación física nada mellor que desfrutar con este corto que foi merecedor dun "óscar",  para recoñecer a importancia dos afectos, da valoración dos demais, do esforzo e búsqueda de solucións ... 

"HAIR LOVE" (o corto que fala de amor propio e traballo en equipo )

Para saber máis sobre disto na web de orientación publicamos hoxe unha entrada moi interesante para profes, pais e nais xa que tod@s debemos remar na mesma dirección. Familias, animámosvos a vela!

Distribuir contido