Comenzamos a semana !

Ola ola caracola...!

Penúltima semana deste curso e, unha máis , o cole vacío. Que ganas de vervos polas clases, na biblioteca, na aula de música, de informática, de inglés... Cando voltedes haberá sorpresa porque o venres recibimos a visita de Adriana, unha compañeira da Federación Autismo Galicia, ca que tiñamos unha cita pendiente pero isto do COVID impediu que viñera antes. Adriana veu para etiquetar os espazos do colexio , para que todos e todas saibamos como se chama cada espazo , para que serve e/ou como se utiliza.

E todo con debuxos, que se vexa moi clariño e podamos entendelo sen necesidade de palabras. Bueno tamén pon o nome e quen queira pode leelo.

Isto resultaranos moi útil e axudará especialmente a aqueles nenos e nenas aos que lles resulta difícil entender donde está e como se chama cada espazo. Para saber un pouco máis sobre isto os papás e as mamás, si fan click neste enlace da web de orientación, podeáan acceder a un artigo moi interesante e ,para vós... dous contos divertidos con pictos.