Este ano haberá moita arte...

XORNADA ACOLLEMENTO NOVO ALUMNADO 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Un día de cole!!!

Dentro da programación de actividades que dende o centro realizamos para acoller ao alumnado que inicia a escolaridade no 2º Ciclo de Educación infantil, convidámosvos a visitarnos nun día de cole ”.

Teremos unha xornada de convivencia xunto co alumnado que se despide da educación infantil. Faremos actividades de relación, coñeceremos espazos, xogaremos...

Terá lugar próximo xoves, día 13 de xuño en horario de 12:15h. a 13:15h. Seredes recibidos na entrada principal do colexio.

Cada nen@ deberá vir acompañado dun adulto de referencia, que sexa importante para el (pai, nai, avó, avoa, persoa que o coida...). Esta persoa permanecerá durante todo o tempo. Rogamos a vosa colaboración para interferir o menos posible no desenvolvemento normal do resto de clases.

De seguro que a experiencia vai ser proveitosa e contribuirá a achegarnos un pouco máis si cabe.

Aproveitando a visita, podedes achegarvos á secretaría do centro (edificio primaria) e recoller os impresos para a formalización de matrícula.

Graciñas e unha forte aperta.

O equipo docente do CEIP Luís Seoane