O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Blogues |
AVISO IMPORTANTE A partir do día 15 de XULLO, o colexio pasa a ter NOVO NÚMERO DE TELÉFONO:
|
|||
Os pais/nais/titores legais do alumnado de 6º que rematou a etapa de educación primaria, podedes pasar a recoller o seu HISTORIAL ACADÉMICO, tal e como se establece no: Decreto 155/2022, do 15 de setembro, de ordenación e currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, no: Artigo 29. 3 Historial académico.Tras finalizar a etapa, o historial académico de educación primaria entregaráselles ás nais, aos pais ou ás persoas titoras legais da alumna ou do alumno. Entre os días 3 e 12 de xullo (ambos inclusive), en horario de 9:30 a 13:30 *O centro custodiará todos os historias académicos que non sexan recollidos. |
|||
Informamos das datas de publicación das listaxes na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas de adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025 (ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024)
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS : 2 de xullo PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 3 e 4 de xullo PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 5 de xullo RECOLLIDA VALES DE MATERIAL ESCOLAR: 8 a 12 de xullo (en horario de 9:30 h a 13:30 h) (As familias que non os recollan nestas datas, poderán facelo no mes de setembro) |
|||
ANPA: CURSO 2024/25 COMEDOR ESCOLAR No blog da ANPA podedes consultar toda a información do comedor escolar para o curso 2024/25, á que podedes acceder premendo nesta imaxe: O Concello de Oleiros achegounos información sobre as axudas para usuarios do comedor escolar para o curso que vén, que tamén podedes consultar premendo na imaxe: |
|||
Dentro das actividades de acollida, desde o Departamento de Orientación do centro, convidámosvos ás reunións dirixidas a:
- Familias do alumnado que cursará 1º de Educación Primaria no curso 2024/25: mércores 26 de xuño ás 12:00 h.
- Familias do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil no curso 2024/25: xoves 27 de xuño ás 12:00 h.
Lugar: sala de Usos Múltiples do 1º andar do edificio de Primaria
( Dado os contidos a tratar nestas reunións, asistencia sen os rapaces a estas reunións)
Aproveitamos para recordar ás familias de nova incorporación que o período de formalización da matrícula vai do 20 ao 30 de xuño de 2024
|
|||
|
|||
ABERTO PRAZO PARA AS SEGUINTES SOLICITUDES DO CURSO 2024/25
|
|||
Información da ANPA do CEIP Luís Seoane
A ANPA do Ceip Luis Seoane informa da convocatoria da asamblea xeral que realizará no colexio:
Data: luns 17 de Xuño
Hora: ás 17:30 1ª convocatoria e 18:00 h 2ª convocatoria
Lugar: aula de Polos Creativos ( 1º andar do edificio de Primaria).
Enlace ao Blog da ANPA para ver a convocatoria:
|
|||
Un día de cole!!! Dentro da programación de actividades que dende o centro realizamos para acoller ao alumnado que inicia a escolaridade no 2º Ciclo de Educación infantil, convidámosvos a visitarnos nun “día de cole ”.Teremos unha xornada de convivencia xunto co alumnado que se despide da educación infantil. Faremos actividades de relación, coñeceremos espazos, xogaremos...Terá lugar próximo xoves, día 13 de xuño en horario de 12:15h. a 13:15h. Seredes recibidos na entrada principal do colexio.Cada nen@ deberá vir acompañado dun adulto de referencia, que sexa importante para el (pai, nai, avó, avoa, persoa que o coida...). Esta persoa permanecerá durante todo o tempo. Rogamos a vosa colaboración para interferir o menos posible no desenvolvemento normal do resto de clases.De seguro que a experiencia vai ser proveitosa e contribuirá a achegarnos un pouco máis si cabe.Aproveitando a visita, podedes achegarvos á secretaría do centro (edificio primaria) e recoller os impresos para a formalización de matrícula.Graciñas e unha forte aperta.O equipo docente do CEIP Luís Seoane
|
|||
Esta semana realizaremos o proxecto ENKI (https://www.enkiproyecto.com/)no noso cole cun percorrido inclusivo e divertido: - mércores 29 de maio: 4º e 5º de Infantil (percorrido dentro do cole) - xoves 30 de maio: 6º de EI e 2º de EP (de 10:00h. A 11.15h.) ata a Capela de Santa Ana, polo paseo do Balcón de Maianca. - venres 31 de maio: 3º,4º, 5ºe 6º de EP (de 12.00 h. a 14:00 h.) desde o colexio, paseo do Balcón de Maianca, ata a praza Miramar. O alumnado poderá vir cun complemento de disfrace como perruca, capa...para facer deste día unha xornada divertida de convivencia.
Agradecemos moito o apoio de Froiz e especialmente a Vegalsa que amosou estar encantado de poder participar con nós neste percorrido inclusivo e colaborará aportando auga e froita para todos e repoñer forzas. Moitísimas grazas! (Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas)
|
|||