Este ano haberá moita arte...

Blogues

PREMIO LITERARIO "COÑECENDO OLEIROS"

Bo día, familias,

 

Temos o gusto de anunciar que no concurso literario "Coñecendo Oleiros" foron premiados dous alumnos do noso centro:

 

Samuel Ríos Mosquera de 6º EP 

Inés Santiago García de 4º de EP

 

A entrega dos premios será o domingo, 24 de febreiro, nas Torres de Santa Cruz ás 12:00 horas á que estades todos convidados e onde se fará unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro.

 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!

 

Moitas grazas o Concello do Oleiros.

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

Hoxe, 18 de febreiro é o Día Internacional do Síndrome de ASPERGER.
Como  sabedes, no noso centro adicamos todos os anos unha semana arredor do 2 de abril (Día do AUTISMO) para traballar cos nen@s  a concienciación sobre a diversidade, pero dende orientación non queriamos que o día pasara desapercibido así que publicamos un arquivo sobre as carcterísticas deste síndrome a algúns enlaces interesantes relacionados co tema.

 

asperger2.jpg

ACHÉGASE O .... "MAGOSTOMAÍN" !!!

Este ano celebraremos no cole o...  MAGOSTOMAÍN !!! 

Nesta festa conmemoraremos o Samaín e o Magosto. O alumnado poderá participar :

-VI EXPOSICIÓN DE CABAZAS. Os nenos/as poderán traer unha cabaza decorada a partir do xoves 26 para que forme parte da exposición de cabazas que terá lugar no colexio.

 

-MAGOSTO. O martes, 31 de outubro celebraremos o Magostomaín no colexio cos amigos e amigas, polo que vos pedimos que traian unha presa de castañas xa picadasa partir do luns 30.

O martes todos os nenos e nenas que queiran poden vir disfrazados ao cole.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ESPERAMOS QUE PASEDES UN MAGOSTOMAÍN

TERRORÍIIIIIFIIIIICOOOOOOOOO!!!

NORMATIVA PARA A SAÍDA DE ALUMNOS/AS DO COLEXIO E DO AUTOBÚS

INSTRUCIÓN 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DO ALUMNADO TANTO DO CENTO COMO DO AUTOBÚS ESCOLAR.

 

PREME NO ARCHIVO ADXUNTO PARA DESCARGAR TODA A INFORMACIÓN.

INTRUCIÓN 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS

CONVOCADAS AS BECAS DE ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR

CONVOCADAS AS AXUDAS DE ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR.

NOS ARCHIVOS ADXUNTOS TEDES AS BASES DA CONVOCATORIA E OS DOCUMENTOS DE SOLICITUDE.

SÓ TEDES 15 DÍAS!!!!

PARA AS FAMILIAS. RECORDAMOS...

As normas e información xeral do centro...

 (Tedes que abrir o ficheiro adxunto).

 

HORARIO EQUIPO DIRECTIVO

ESTE SERÍA O HORARIO DO EQUPO DIRECTO PARA ESTE CURSO ACADÉMICO.

DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO DE PAIS E NAIS CÓS TITORES.

 

EDUCACIÓN INFANTIL                                                                      

4º de Educación Infantil6 de Novembro ás 17:00 h.                 

5º de Educación Infantil2 de Outubro ás 17:00 h.                   

6º de Educación Infantil25 de Setembro ás 17:00 h.               

                                                                                                                                                             

EDUCACIÓN PRIMARIA

 - 1º NIVEL PRIMARIA: 2 de Outubro ás 16:00 h.

2º NIVEL PRIMARIA: 2 de Outubro ás 16:00 h

3º NIVEL PRIMARIA25 de Setembro.

           As familias de 5º de Primaria ás 16:00 h.

           As familias de 6ºde Primaria de ás 17:00 h .

PRIMEIRO, AS DESCULPAS...

Boas familias,

Dende o Ceip Luis Seoane queremos pedir disculpas polo bloqueo da páxina web e todas as molestias que
isto poidese traer consigo.

Intentaremos, a partir de agora, que a páxina estea o máis actualizada posible con información que facilite o voso día a día.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión.

Un saúdo.

Distribuir contido