Este ano haberá moita arte...

blogue deluisseoane

Eleccións ao Consello Escolar

Finalizado o prazo de presentación, presentouse unha única candidatura para optar á renovación da vacante producidas. Podedes ver o documento aquí.

O luns 18 de novembro, terán lugar as eleccións, nas que como sabedes pode votar o pai ou a nai (ou titor/a legal) indistintamente, previa presentación do DNI ou similar, na mesa electoral no seguinte horario:

de 9.00 a 9:30      de 15:30 a 16.30     de 17.00 a 18:00

Adxúntase circular informativa.

4º acta da Xunta electoral: Resultado das eleccións 

Eleccións Consello Escolar novembro 2024

Atendendo ao disposto na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establese o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escoalres de centros sostidos con fondos públicos, o luns 28 quedou constituída a Xunta Electoral que supervisará todo o proceso e no que se aprobou ao calendario de actuacións, fixando o día 18 de de novembro como data de celebración das eleccións. 

Do sector de familias, débese renovar dous: un correspondería a un representante da ANPA do centro, e outro que será elixido por votación entre as candidaturas que se presentasen.

Animamos a todos os sectores, familias, profesorado e persoal non docente á participación coa presentación de candidaturas e coa asistencia á xornada de votacións.

Calendario 

Presentación de candidaturas

MAGOSTOMAÍN 2024

Desde o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega temos unhas propostas relacionadas co outono na celebración do noso Magostomaín. Como cada curso, gustaríanos contar coa vosa colaboración con:

  • Exposición de cabazas que os nenos/as poderán decorar na casa, a partir do venres 25 de outubro, DEBEN VIR PECHADAS, con NOME  E CURSO.
  • Traer un puñado de castañas xa cortadas (cun pequeno corte) para axilizar o traballo entre o martes 29 e mércores 30 de outubro, para facer o noso MAGOSTO.
  • mércores 30 de outubro, os nenos e nenas que o desexen poderán vir caracterizados da casa coa temática do Samaín ou do Magosto con dúas condicións:

- Non se poderá traer complementos nas mans  (nada fóra do que traian posto).

- Os disfraces deben ter relación coa temática do MAGOSTOMAÍN: meigas, fantasmas, morcegos, esqueletos, demos, castañeiras…

Apelamos á responsabilidade que vós, como familias, tedes á hora da elección do disfrace evitando caer en temáticas perigosas para a infancia e descontextualizadas da festividade en cuestión, pois o noso cometido é darlle un sentido educativo e cultural.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Eleccións Consello Escolar 2024

Eleccións Consello Escolar

De conformidade co establecido coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros escolares

docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18 de setembro ), neste centro realizaranse eleccións para renovación de membros do Consello Escolar. Todo este proceso electoral estará organizado e supervisado por unha XUNTA ELECTORAL da que forman parte:

● a directora do centro

● unha mestra ou mestre

● unha nai/pai / titor legal

● un membro da administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 18 de outubro, venres, ás 11:30 horas.

 

Praemo 2024/25

Aberto prazo do PRAEMO, programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria do Concello de Oleiros (tedes o acceso ao tríptico informativo na imaxe).

CURSO 2024/25

Comezo do curso 2024/25

  • As clases comenzarán o MÉRCORES 11 de setembro no seu horario de 9.00 a 14:00 horas ( agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que seguirá un período de adaptación). Desde este día haberá servizo de transporte e servizos ofertados pola ANPA: madrugadores, comedor e actividades extraescolares.

(Este primeiro día o alumnado de Primaria non precisa traer nen os libros de texto nen todo o material. Será suficiente cun caderno e un estoxo con lapis, goma e unhas cores, así como a súa merenda para o tempo de recreo).

  • As listaxes de material están publicadas neste web, así como as datas de reunións coas familias.

 

  • Entrega de libros de texto de 3º e 4º de Primaria beneficiados do Fondo Solidario da Xunta:
  • Luns 16 e 23 de setembro de 16:00 a 18.00 horas: recollerá os libros a persoa que fixo a solicitude ou alguén autorizado por ela, en cuxo caso traerá autorización asinada e copia do DNI

 

  • Horario de atención da ANPA no mes de setembro: Luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas.

 

O equipo docente e non docente do CEIP Luís Seoane deséxavos un bo inicio de curso a todas e todos.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE INICIO CURSO 24-25

Arrinca un novo curso e, coma sempre, iremos poñendo na nosa web todas as novidades e informacións de interese.

 

LISTAXES DE MATERIAL

Premendo no enlace podedes consultar as listaxes de material do curso 24-25 de cada un dos niveis de E.Primaria.

 

FONDO LIBROS 3º e 4º EP

Queda pendente a data de reparto dos libros de texto aos beneficiarios do fondo solidario da Xunta de Galicia, dos cursos de 3º e 4º de EP, á espera de ser recibidos todos os lotes dos exemplares no centro.

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

Terán lugar nas aulas de referencia de cada curso. Durante ese tempo, o alumnado non pode permanecer nas instalacións do centro sen vixiancia dun adulto, polo que prégase non acudir ás reunións acompañados dos nenos e nenas.

  • 4º Educación Infantil: xoves 5 ás 12:00 h

  • 5º Educación Infantil: luns 9 ás 11:00 h

  • 6º Educación Infantil: martes 10 ás 12:30 h

  • 1º Educación Primaria: xoves 19 ás 16:30 h

  • 2º Educación Primaria: luns 23 ás 16:00 h

  • 3º Educación Primaria: luns 30 ás 16:00 h

  • 4º Educación Primaria: luns 16 ás 16:00 h

  • 5º Educación Primaria: martes 24 ás 16:30 h

  • Educación Primaria: xoves 26 ás 16:30 h

 

ACOLLIDA NOVO ALUMNADO DE PRIMARIA

O XOVES 5 ás 12:00 horas, o alumnado de Primaria que se incorporan ao centro por primeira vez, poden vir a coñecer o seu novo colexio, acompañados dun adulto responsable. Así poderán familiarizarse co espazo antes do inicio das clases.

CAMBIO NÚMERO DE TELÉFONO

AVISO IMPORTANTE

A partir do día 15 de XULLO, o colexio pasa a ter NOVO NÚMERO DE TELÉFONO:

 

  • SECRETARÍA: 881960520

  • ORIENTACIÓN: 881960525

 

 

 

 

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO ALUMNADO QUE REMATOU 6ºEDUCACIÓN PRIMARIA

Os pais/nais/titores legais do alumnado de 6º que rematou a etapa de educación primaria, podedes pasar a recoller o seu HISTORIAL ACADÉMICO, tal e como se establece no:

Decreto 155/2022, do 15 de setembro, de ordenación e currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, no: Artigo 29. 3 Historial académico.Tras finalizar a etapa, o historial académico de educación primaria entregaráselles ás nais, aos pais ou ás persoas titoras legais da alumna ou do alumno.

Entre os días 3 e 12 de xullo (ambos inclusive), en horario de 9:30 a 13:30

*O centro custodiará todos os historias académicos que non sexan recollidos.

PARTICIPACIÓN FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Informamos das datas de publicación das listaxes na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas de adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025 (ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024)

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS : 2 de xullo

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 3 e 4 de xullo

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 5 de xullo

RECOLLIDA VALES DE MATERIAL ESCOLAR: 8 a 12 de xullo (en horario de 9:30 h a 13:30 h)

(As familias que non os recollan nestas datas, poderán facelo no mes de setembro)

Distribuir contido