Este ano haberá moita arte...

blogue deluisseoane

Axudas comedor Concello de Oleiros

No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello está publicada a “Proposta de concesión e desestimación de axudas ás familias para asistencia a comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024” na seguinte ligazón: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#.  O prazo para realizar alegacións vai dende o día 09/02/2024 ata o 23/02/2024.

Entroido en Mera! 2023/24

Tratamos o Entroido desde diferentes ámbitos e o musical sempre está presente. A preparación, planificación e traballo é intenso estes días; aínda así, temos tempo para realizar cousas tan divertidas como esta. Esperamos que vos guste!

Xornada de portas abertas 2024

 

 

Xa toca elexir cole e ir pensando en facer a reserva para o curso 2024/25.

As familias interesadas estade pendentes da web, na que iremos informando do proceso ( o período de reserva comprende do 1 ao 20 de marzo de 2024).

Por este motivo, abrimos o centro a nais, pais e titoras e titores legais do posible alumnado, (nesta ocasión sen nenos nen nenas), o mércores 21 de febreiro ás 16:30h.

Estaremos encantadas de saudarvos!

Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025: Centros adscritos

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Así, ao  alumnado de 6º de Educación Primaria repartíronselle os impresos de solicitude para a reserva de praza no IES MARÍA CASARES, que poden ser cubertas tamén telemáticamente, co certificado dixital, na aplicación "admisiónalumnado", onde poderedes consultar toda a lexislación vixente (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 15 de XANEIRO ao 5 de FEBREIRO (ambos incluídos)

LUGAR DE ENTREGA: no propio centro, o CEIP LUIS SEOANE

Toda a información  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

 

 

Actividade de patinaxe

Patinaxe sobre xeo

Con motivo da instalación dunha pista de patinaxe sobre xeo na pista polideportiva da II República (Perillo), o Concello de Oleiros quere invitar ao alumnado de educación primaria dos centros públicos de ensino do noso Concello a un pase dunha hora de patinaxe sobre xeo.

O noso alumnado de 2º e 3º ciclo de E.P está invitado a ir o LUNS 18 DE DECEMBRO:

  • Alumnado de 5º e 6º de EP: saída do colexio ás 9.10 h. Entrada na pista ás 10 h. e saída do autobús ás 11.30 h..
  • Alumnado de 3º e 4º de EP: saída do colexio ás 11.10 h.. Entrada na pista ás 12 h. e saída autobús ás 13.30 h.

Para asistir a dita actividade todo o alumnado deberá contar con autorización que foi entregada polo profesorado titor.

É obrigatorio que todo o alumnado participante nesta actividade leve:

  • guantes ( sen guantes non se poderá entrar na pista)
  • un par de bolsas pequenas para poñer enriba dos calcetíns e non mollar os pés nos patíns
  • que vaia ben abrigado
  • é recomendable tamén levar roupa para mudarse, no caso de mollarse)

Alumnado de primeiro ciclo de E.P. : entregaranse no centro invitacións para que o alumnado de 1º e 2º de primaria poida acudir fóra do horario lectivo.

 

Información Concello Axudas comedores escolares

 

No  Boletín Oficial da Provincia nº 228 de data 29/11/2023, publicouse a Convocatoria de axudas as familias para a asistencia a comedores escolares curso 2023/2024. Estas son as axudas que se convocan todos os cursos en réxime de concorrencia competitiva para as familias con menores ingresos, que deben facer a súa solicitude individualmente ante o Concello.

As solicitudes deberán presentarse ante o rexistro do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural “A Fábrica”, en horario de 8:30 a 14:00 horas, ou ben a través da Sede electrónica, no modelo normalizado que se inclúe na convocatoria.

O prazo de solicitude rematará o día 15/12/2023.

Achégase a convocatoria onde figuran as condicións que rixen a mesma, así como o modelo normalizado onde hai que realizar a solicitude, a efectos de que, se o considerades, poidades facilitar a información ás familias que poidan estar interesadas.

Día do Ensino

Segundo o calendario escolar do curso 2023/24 ( Orde do de maio de 2023), o xoves 7 de decembro establécese como día non lectivo ao ser o Día do Ensino, polo que non haberá clase.

Concello de Oleiros: Campamento de Nadal

Desde o Servizo Municipal de Educación do concello de Oleiros infórmanos que ten organizada unha actividade que pretende axudar as familias a ter opcións interesantes de tempo libre para os meniños e meniñas da casa nas vacacións e remítenos a información básica da actividade de CampaNadal que facemos na semana das festas para nenos e nenas de infantil e primaria (tamén estará dispoñible na páxina do Concello).Tedes a información pulsando na imaxe:

 

Plan de Mellora de Bibotecas

A Consellería acaba de publicar a Resolución definitiva da convocatoria do PLan de Mellora de bibliotecas escolares ( DOG do 17 de novembro de 2023)  para o curso 2023/24, e, grazas ao proxecto presentado e ao traballo que se vén realizando, o noso colexio foi seleccionado. A dotación concedida suporá un gran impulso para a mellora da nosa biblioteca e o fomento da lectura.

La Consellería de Educación incorpora 28 centros públicos al Plan de mejora  de bibliotecas escolares (PLAMBE) | Consellería de Cultura, Educación y  Universidad

Importante información da ANPA

Subvención do Concello de Oleiros aos usuarios do comedor

No curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroadono Concello de Oleiros.

Deberá presentase a solicitude debidamente cuberta á ANPA antes do día 31/10/2023

Tedes acceso a toda a información neste enlace ao blog da ANPA

 

Distribuir contido