Este ano haberá moita arte...

blogue deluisseoane

Día non lectivo: Día do Ensino

Tal e como se recolle na Orde do 20 de maio de 2022, pola que se establece o calendario escolar para o curso 2022/23, á que podedes acceder nesta web, no seu artigo 7.3, establécese o luns 31 de outubro como día non lectivo por ser o Día do Ensino.

Retomaremos as clases o mércores 2 de novembro.

Renovación do Consello Escolar

Renovación representantes do Consello Escolar

 Resolución do 19 de setembro de 2022 da, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos ( DOG 30/09/2022 )

O consello escolar é o órgano de participación no centro dos diferentes sectores da comunidade educativa. Está composto pola directora do centro, a xefa de estudos, a secretaria do centro ( con voz pero sen voto), 5 mestres/as elixidos polo Claustro, 5 nais/pais/ titoras/es legais do alumnado ( un deles proposto/a pola ANPA máis representativa), un representante do Concello e un representante do persoal de administración e servizos. Os seus membros son elixidos cada 4 anos e renóvase parcialmente cada dous. Este curso temos que facer a renovación

No sector do profesorado: dous 

No sector de nais /pais/titoras/es legais do alumnado: tres 

Son elixibles e electores todas as nais/pais/ titoras/es legais do alumnado matriculado no noso centro. Todo o proceso está organizado e supervisado por unha Xunta Electoral formada pola directora do centro, unha mestra ou mestre, unha nai/ pai/ titor/a legal e un membro do persoal de administración e servizos, elixidos por sorteo público o día 26 de outubro ás 9.10 horas. Unha vez constituída a Xunta Electoral, informaremos das datas nas que se desenvolverá o proceso de elección e a data de votación. 

Animamos a todas as nais/pais/titoras/es legais do noso alumnado a participar, tanto coa presentación de candidaturas como no proceso de elección.

 ( Os membros da Xunta electoral, os das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral seranlles de aplicación o art. 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril).  

Vales adquisión material escolar

Según o establecido na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 ( DOG 14/10/2022), xa poden recoller os vales de ampliación todas as familias que xa foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar este curso escolar 2022 /23. 

A ampliación consiste nun vale adicional de 25€

Recollida na secretaría do centro no seguinte horario:

  • de luns a venres 9:00 a 14.00 horas 
  • luns de 16.00 a 18:00 horas

Polos Creativos

Noso colexio foi seleccionado no programa de innovación educativa de polos creativos e seremos dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais ( máis información AQUÍ).

 

Programa de reforzo e apoio escolar municipal, PRAEMO 2022/23

Aberto prazo para inscrición no Programa de reforzo e apoio educativo municipal dirixido a alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros.

Para máis información, premede na imaxe

 

Información do Concello de Oleiros

Desde o Concello de Oleiros informan que está aberto o período de inscrición para o programa municipal de actividade acuática escolar 2022/2023 que comezará en outubro.

As inscricións realizaranse desde o día 12 ao 18 de setembro de 2022 na mesma piscina que corresponda, segundo a actividade, achegando o formulario debidamente cuberto. Podedes acceder á información a través deste enlace á web do Concello:
Consulta o folleto de INSCRICIÓN

INFORMACIÓN DA ANPA

Aquí tedes información importante da ANPA. Preme na imaxe para consultala.

Reunións iniciais de inicio do curso 2022/23

Reunións de principio de curso 2022/23 coas titoras e titores 

Estas reunións están dirixidas ás nais, pais e titores legais do alumnado.

Lembramos que, cando se celebren estas reunións, non poderá haber nenas nen nenos sen supervisión no recinto do colexio.

Instrucións Covid curso 2022/23

Inicio curso 22.23

O inicio das clases terá lugar o XOVES 8 DE SETEMBRO. Haberá servizo de transporte coas paradas e horarios habituais. 

A ANPA comezará xa desde o primeiro día o servizo de comedor, actividades extraescolares e madrugadores

ENTRADA AO CENTRO

  • Alumnado usuario de transporte entrará a partir das 8:50 h. O resto do alumnado o fará ás 9.00, cando soe a música.
  • Haberá tres entradas diferenciadas: unha para Educación Infantil, outra para 1º, 2º e 3º de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º de Primaria, que serán as mesmas do curso pasado. 
  • O primeiro día de cole, o xoves día 8, o alumnado de 2º, 4º e 6º de Primaria, subirá directamente ás mesmas aulas do curso pasado. O alumnado de 1º, 3º e 5º de Primaria irá aos puntos debidamente sinalizados onde haberá profesorado que logo os  acompañará ata as súas novas aulas.

SAÍDA DO CENTRO

A saída do alumnado farase de xeito escalonado:

  • En EP, en primeiro lugar sairá o alumnado usuario de transporte escolar e o resto do alumnado será entregado ás persoas autorizadas nas correspondentes portas de acceso ao recinto.
  • En EI, o alumnado que sexa recollido polas súas familias o fará pola porta de acceso ao pavillón ( a mesma do curso pasado) onde o alumnado de 4º de EI sairá a partir das 13:55, para posteriormente saír ás 14:00 horas 5º e 6º de Infantil.

Aquelas nenas e nenos que se incorporan por primeira vez ao noso colexio en Educación Primaria, poderán vir coñecer o centro, xunto coas súas familias,  o MARTES 6 DE SETEMBRO ás 10:30 horas.

Aquelas familias que queiran realizar o cambio de optativa de Relixión Católica a Proxecto Competencial ou viceversa teñen prazo ata o 15 de setembro na secretaría do centro.

O concello de Oleiros informa que está aberta ata o 30 de setembro a Convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares para este curso (acceso ao formulario da solicitude AQUÍ)

 

Distribuir contido