Este ano haberá moita arte...

blogue deluisseoane

Actividade de colaboración coa UDC

 

Estimadas familias,

Dentro do programa de colaboración e participación cos servizos externos ao centro, recollido no punto 8 da PXA do curso 2021/22, recollemos a invitación da Universidade de A Coruña para participar nunha actividade que nos parece de moita importancia para a nosa rapazada:

" O impacto dos medios de comunicación na sociedade: Os influencers infantís".

A intención é de escoitar ao alumnado e promover un debate que axude a acadar o obxectivo de favorecer o pensamento crítico de nenas e nenos.

Levarase a cabo durante a semana do 25 ao 29 de abril no marco das materias de Valores Sociais e Cívicos e Relixión a cargo do profesorado do centro, o Departamento de Orientación e dúas docentes da Facultade de Ciencias de Educación da UDC.

Para participar, fíxoselle entrega ao alumnado implicado dunha autorización, que deberá traer asinada antes da realización de dita actividade.

Carta de información ás familias

Proposta de actividade formativa: Desvelando o mundo dos influencers infantís

web do DO

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/23

Xa están publicadas as LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO OU NON ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23.

Poden consultarse de forma presencial, no taboleiro de anuncios do colexio, en horario de 9 a 14 horas ou a través da Sede electrónica coa chave 365. 

*Todo o alumnado que solicitou praza para a etapa de Educación Infantil está admitido no noso centro.

(Por mor da Lei de Protección de datos non é posible tomar fotos de ditas listaxes e difundilas, nen comunicalas por vía telefónica, correo electrónico ou similar. As familias ou quen os represente poden vir consultalas ao colexio)

Tal como establece a convocatoria, ábrese un período de cinco días hábiles para reclamacións desde o 22 ao 28 de abril, ambos inclusive.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio.

 

RD 286/2022, de 19 de abril

Chegou o Real Decreto tan esperado. Non menciona aos centros educativos de maneira particular. Guiarémonos pola normativa estatal esperando un novo protocolo por parte da Administración galega. Deixámolo aquí para que o leades. Un saúdo. 

El BOE de hoy: la letra pequeña de las medidas económicas para autónomos,  trabajadores y empresarios durante el estado de alarma | Las Provincias

2 ABRIL DÍA MUNDIAL CONCIENCIACIÓN AUTISMO

 

 

 

Como cada ano, no noso cole dedicámoslle un tempo a traballar os súperpoderes que teñen as persoas con TEA. Tratamos a diferenza coma unha fortaleza e o respecto como un lema. Seguiremos insistindo na "concienciación" deste Trastorno do Espectro Autista. Sabemos que canto máis coñezamos do tema mellor nos relacionaremos e os nosos pequenos e pequenas máis sabios os faremos!

Por unha semana azul! Entre todos e todas podemos!

Que vos parece se nos vestimos con algunha prenda azul?

https://view.genial.ly/6239a59a2c94460011229bc1/presentation-tea-2022-2-abril

CAMBIA O MES E CAMBIAMOS DE MÚSICA!!!!

Chega o mes de abril cheo de música nova... Queredes sabes que festexamos este mes?? Mirade a nosa Playlist de Abril!!!

 

 

ESTADO DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitude de admisión de alumnado, ábrese un prazo de 10 días comprendidos entre o 24 de marzo ao 4 de abril de 2022 (ambos incluídos) para que a persoa solicitante a baremar presente a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados (ante calquera dúbida chamar ao teléfono do centro 981617130 en horario de 9:00 a 14:00 horas)

 

Nivel Solicitudes Estado
4EI 30 Admitidas
5EI 1 Admitidas
6EI 1 Admitidas
1EP 3 Baremar
2EP 2 Admitidas
3EP 3 Admitidas
4EP 0  -
5EP 3 Admitidas
6EP 0       -

Antes do 25 de abril publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

ORDE do 12 de marzo de 2013  pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Uso das máscaras

Estimadas familias:

Esta mañá, venres 18 de marzo, no portal de edu.xunta.gal, acaban de publicar unha comunicacion conxunta das consellerías de Sanidade e Educación onde veñen de acordar "deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos colexios".
Por elo, o alumnado, a partir do luns 21 de marzo, terá que contar cunha caixa portamáscaras ou similar onde gardala no tempo de recreo, xa que deberán entrar e saír do edificio con ela posta.

(Podedes consultar a comunicación premendo AQUÍ)

Obradoiro para familias

#8M NIN TÚA NIN DE NINGUÉN, LIBRE!

 

#8M As nosas alumnas María González Blanco e Jimena Toledo Piñeiro, de 6ºA de E. Primaria, resultaron gañadoras na convocatoria de lemas“Nin túa nin de ninguén, libre!”,organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros. Parabéns!!

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/23

Reserva praza de novo alumnado para o curso 2022/23

Prazo: do 1 ao 21 de marzo 

Presencialmente no centro (previa cita no 981617130 ) ou a través da Sede Electrónica da Xunta.

Tedes toda a información no menú á esquerda nesta web.

Lembramos que o mércores 9 ás 16.30 faremos unha" Xornada de portas abertas" (reserva no ceip.luis.seoane@edu.xunta.gal )

Distribuir contido