Renovación representantes do Consello Escolar
Resolución do 19 de setembro de 2022 da, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos ( DOG 30/09/2022 )
O consello escolar é o órgano de participación no centro dos diferentes sectores da comunidade educativa. Está composto pola directora do centro, a xefa de estudos, a secretaria do centro ( con voz pero sen voto), 5 mestres/as elixidos polo Claustro, 5 nais/pais/ titoras/es legais do alumnado ( un deles proposto/a pola ANPA máis representativa), un representante do Concello e un representante do persoal de administración e servizos. Os seus membros son elixidos cada 4 anos e renóvase parcialmente cada dous. Este curso temos que facer a renovación:
No sector do profesorado: dous
No sector de nais /pais/titoras/es legais do alumnado: tres
Son elixibles e electores todas as nais/pais/ titoras/es legais do alumnado matriculado no noso centro. Todo o proceso está organizado e supervisado por unha Xunta Electoral formada pola directora do centro, unha mestra ou mestre, unha nai/ pai/ titor/a legal e un membro do persoal de administración e servizos, elixidos por sorteo público o día 26 de outubro ás 9.10 horas. Unha vez constituída a Xunta Electoral, informaremos das datas nas que se desenvolverá o proceso de elección e a data de votación.
Animamos a todas as nais/pais/titoras/es legais do noso alumnado a participar, tanto coa presentación de candidaturas como no proceso de elección.
( Os membros da Xunta electoral, os das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral seranlles de aplicación o art. 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril).