De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
Así, ao alumnado de 6º de Educación Primaria repartíronselle os impresos de solicitude para a reserva de praza no IES MARÍA CASARES, que poden ser cubertas tamén telemáticamente, co certificado dixital, na aplicación "admisiónalumnado", onde poderedes consultar toda a lexislación vixente (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 15 de XANEIRO ao 5 de FEBREIRO (ambos incluídos)
LUGAR DE ENTREGA: no propio centro, o CEIP LUIS SEOANE
Toda a información https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051