Este ano haberá moita arte...

Blogues

LISTADO ALUMNOS POR AULA

Bo día,

 

Sabemos que todos estades con ganas de saber en que curso están os vosos nenos e nenas. Por lei non podemos colgar os listados por este medio polo que estarán colocados no taboleiros  do colexio.

Para facilitar as cousas e evitar aglomeracións, tamén o colocaremos nos porches exteriores (1º, 2º e 3º EP no dianteiro e 4º,5º e 6º no traseiro) para que o día que veñades a reunión o podades ler sen problemas e onde xa vos recibirán as titoras e titores correspondentes.

De todos os xeitos, xa están os mestres poñéndose en contacto con todos vós.

 

Un saúdo e vémonos en nada!

PROGRAMA DE ACOLLIDA (contexto COVID) curso 20-21

 Queridas familias:

Achégase o momento do inicio de curso e ben sabemos que as incertidumes e os medos están na cabeza e no corazón de todos nós pero,  dende o claustro de profesores do CEIP Luis Seoane queremos enviar unha mensaxe ante todo de tranquilidade pero tamén de alegría, ilusión e de esperanza.

Dende Marzo todos e todas estamos traballando arreo para adaptarnos as novidades que se nos van presentando e dende o día 1 de Setembro todos a un e , cando digo todos falo do conxunto de profesorado, coidadoras, conserxe , ANPA,  limpiadoras e administrativa estamos a cen para conseguir que o día 10 podamos recibirbir aos nosos nenos e nenas cos brazos abertos e co traballo feito.

Non podemos deixar de dicir que as dificultades son moitas, adaptar a normativa que esixen as autoridades sanitarias e a consellería de educación resulta ás veces imposible porque as instruccións son contradictorias e pouco axeitadas a realidade dun centro educativo e os recursos humans e materiais escasos para favorecer os grupos de convivencia estable pero aínda así,  intentamos facelo do millor xeito posible e penso que, a día de hoxe, o obxectivo está conseguido pero non rematado porque "o bicho" segue ahí e temos que actualizar as nosas actuacións día a día e non baixar a garda.

Como nos parecía imprescindible ter reunións con todas as familias antes do inicio de curso para "vernos" e "falar" con tranquilidade decidimos facelas presenciais e respectando todas as medidas de seguridade.

Ben sei que a convocatoria é apresurada pero resultou impoible poder facelo doutro xeito e sería:

 

 

Nivel

Data

Hora

Espazo

5º de primaria A

08/09/2020

18.00h

Titoría 5ºA

5º de primaria B

08/09/2020

18.00h

Titoría 5ºB

4º de primaria A

08/09/2020

16.00h

Titoría 4ºA

4º de primaria B

08/09/2020

16.00h

Titoría 4ºB

3º de primaria A

04/09/2020

17.00h

Titoría 3ºA

3º de primaria B

04/09/2020

17.00h

Titoría 3ºB

2º de primaria A

07/09/2020

18.00h

Titoría 2ºA

2º de primaria B

07/09/2020

18.00h

Titoría 2ºB

6º de primaria A

07/09/2020

16.00h

Titoría 6ºA

6º de primaria B

07/09/2020

16.00h

Titoría 6ºB

6º de primaria C

07/09/2020

16.00h

Titoría 6ºC

6º de EI A / B

07/09/2020

17.00h

Aula Usos Múltiples

1º de primaria A

09/09/2020

19.00h

Titoría 1ºA

1º de primaria B

09/09/2020

19.00h

Titoría 1ºB

5º de EI A

08/09/2020

12.00h

Aula usos múltiples

5º de EI B

08/09/2020

12.30h

Titoría 5º EIB

4º de EI A/B

09/09/2020

18.00h

Aula usos Múltiples

       

 

Recordamos que en cumplimento da normativa sanitaria e educativa vixente:

  • Só poderá asistir 1 persoa por alumn@
  • O uso da máscara é obrigatorio
  • Ocuparase só o sitio que nos asignen respectando a distancia social
  • Na entrada desinfectaranse as mans
  • As entradas e saídas realizaranse de xeito dinámico sen paradas e/ou detencións e respectando sempre a distancias mínima de 2 metros entre personas.

E...recordade para acceder ao centro para calquera xestión só se poderá facer concertando cita telefónica previa no 981617130.

 

A continuación temos unha presentación do Programa de Acollida para este curso que recolle as ideas principais e que sería bó que visualizárades todos e todas antes das reunións para axilizar despois o desenvolvemento das mesmas.

Pois nada ...xa sabedes, esta páxina web vai ser un espazo mais do noso cole, toda a información de interese vai figurar aquí asi que entrade nela todos os días.

Graciñas e sorte para tod@s.

                                                                
                                 

A VOLTA AO COLE !!!

Queridas familias : O inicio de curso está próximo, ben sabemos que a preocupación de toda a comunidade educativa pola volta dos nosos nenos e nenas ao centro e grande. As informacións que nos chegan sobre o inicio de curso  son as veces contradictorias, irrealizables ou difíciles de comprender. E por isto que, dende o conxunto de personal que conformamos o colexio (personal docente e non docente), queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e o compromiso firme de que pola nosa parte, a volta ao cole será o mais segura e responsable posible segundo as posibilidades que teñamos ao noso alcance e co seguimento estricto das disposicións previstas polas autoridades educativas e sanitarias.

Dende a Consellería de Educación con data 22 de xullo publicouse un PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 (VERSION 22-07-2020) que deberá ser o referente para que cada centro realice o seu propio Plan de Adaptación ao contexto COVID.

Dende a dirección do CEIP Luis Seoane estamos traballando arreo para a concreción dese Plan e para isto contamos ca colaboración inestimale da ANPA que leva ao día todas as disposicións normativas referidas ao Comedor Escolar e Actividades extraescolares facilitando o diseño e posta en práctica das mesmas  e,  do Concello de Oleiros que, a día de hoxe realiza obras de arranxo e acondicionamento de espazos como as entradas, comedor, patio de infantil, aula de informática ... imprescindibles para a creación dun entorno seguro e adaptado do millor xeito posible a esta dificil situación que estamos a vivir.                                                                                                                   Tamén,  dende a unidade técnica da Consellería estase procedendo ao cambio do sistema de iluminación das aulas do edificio de primaria o que redundará en beneficio da luminosidade dos espazos e da millora na colaboración co medio ambiente.

Debemos destacar que, as noticias que nos chegan son imprecisas (clica aquí)  e é por isto que non podemos asegurar como definitiva ningunha información. Animámosvos a que sigades esta web que será a canle de comunicación na que publicaremos as últimas actualizacións.

Recordade que na columna da dereita na parte superior figuran as NOVAS ADMINISTRATIVAS que indican sempre os procedementos abertos que poden resultar do voso interese.

Moito ánimo, estamos desexando volver con todos e todas e ogallá que así sexa.

A dirección

 

 

 

 

PREINSCRICIÓN COMEDOR 19 DE AGOSTO

MAÑÁ 19 DE AGOSTO ÁBRESE O PRAZO PARA FACER A PREINSCRICIÓN AO COMEDOR ESCOLAR.

NA PÁXINA DE JARDANAY NA SECCIÓN DE "ÁREA CLIENTES" BUSCADES O NOME DO NOSO COLE E TEDES QUE ESCRIBIR:

USUARIO: luisseoane

CONTRASINAL: comedores2020

 

Toda a información a podedes atopar no Blogue da ANPA. Un saúdo!

IMPORTANTE!! NOTICIAS SOBRE O COMEDOR

Bo día, familias,

 

Dende a ANPA infórmannos de que o prazo para inscribirse no comedor para o curso 2020/2021 cambiou para non saturar a páxina de Jardanay. A nosa quenda é:

 

 DO 19 DE AGOSTO ATA O 31 DE AGOSTO

 A TRAVÉS DA PÁXINA WEB DE JARDANAY

 

Atentos a toda a información que se vai poñer  na páxina da Anpa en relación a este tema e outros que podan ser do voso interese.

WEB ANPA

PÁXINA JARDANAY

 

Un saúdo

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E CHEQUES PARA MATERIAL

Ola familias!!!

 

Xa podedes consultar a listaxe provisional do fondo solidario de libros da xunta para 3º e 4º de EP. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016 do 18 de xaneiro de transparencia e de bo goberno, e co artigo 15.2c da Lei 9/20117 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, esta listaxe provisional e a definitiva publicarase única e exclusivamente no tabolerio de anuncios do edifico escolar.

Nesta listaxe provisonal solo se pode ver o número de libros que vos correponde (non a materia). Tedes dous días para reclamar a partir da súa publicación.

En 5º e 6º de EP non hai fondo solidario porque taballaremos con EDIXGAL (libros electrónicos), pero recordade que hai cheque para material.

Os cheques para material (e para libros no caso de 1º e 2º de EP) xa están preparados. Dada a situación que estamos a vivir e para evitar "aglomeracións" podedes pasar a recollelos nos seguintes días:

 

-MÉRCORES, 8 DE XULLO DE 10:00 a 13:00:

1º e 2º de EP

 

-XOVES, 9 DE XULLO DE 10:00 a 13:00h:

5º e 6º de EP

 

-VENRES, 10 DE XULLO DE 10:00 A 13:00h:

3º e 4º de EP

 

Recordade a importancia de tomar as medidas sanitarias recomendadas, polo que, se cando cheguedes ao colexio hai cola terede que esperar mantendo a distancia de seguridade ata que se vos mande pasar. Por suposto, uso obrigatorio de mascarillas

POLO BEN DE TODOS E TODAS!!

 

 

 

 

Cómo o fixemos?

 

Ola ola caracola !

Xa estamos de vacacións e agora que baixou a presión, que temos tempo por diante ata a volta gustaríanos que nos adicárades un anaquiño a valorar a situación que vivimos, cómo a enfrentamos, que debemos ter en conta para a próxima si é que se repite.

Presentamos un cuestionario para familias, profes, personal non docente da comunidade educativa do Luis Seoane... e pedímos que o cubrades; a intención é reflexionar sobre o feito e enfrentar con ilusión e ganas o novo curso, preparad@s para o que veña .

Moitísimas grazas pola colaboración e moita sorte para tod@s.

Equipo Directivo

Fai clic : Cómo o fixemos!!!

Axúdanos a millorar no Departamento de Orientación!!!

Dende o Departamento de Orientación agradecemos a colaboración de familias e profesorado e pedímosvos que cubrades este pequeno cuestionario (clica no texto resaltado e/ou na imaxe) para coñecer a vosa opinión que, de seguro axudará a millorar o funcionamento do departamento.

Moitísimas grazas a tod@s.

NO NOSO CORAZÓN!

Dia del maestro …Ola ola caracola!

E chegou o día, o último deste curso que aló polo mes de marzo  sorprendeunos a tod@s  e fixo que tivéramos que reinventar o xeito de "facer escola". Ao final a cousa non saiu mal,  non si?  un coronavirus non ía a poder con nós.

      Chegou tamén o último día para unha promoción de nenas e nenos que levan con nós nove anos, que entraron pola porta de infantil da man da mamá, do papá, da avoa ... con sorpresa, medos, ilusións, alegrías, recelos... e que,  nestes anos, déronnos exemplo de cariño, esforzo, perseverancia, inocencia, amistade e solidaridade.

Queremos darvos as grazas por estes anos , por querernos, por sorprendernos, por soportarnos nos días difíciles, por axudarnos e polos "retos" aos que nos sometíchedes. Iso sen dúbida, ía conformando o noso día a día e axudándonos a enfrentar con ilusión e alegría o camiño que eleximos.

Agora, sen que soe a despedida porque as vosas cariñas sempre estarán no noso corazón , queremos animarvos para que non deixedes que os vosos medos tapen os vosos desexos, que os muros aos que vos enfrentedes veñan de fóra e non do voso interior ; pensade que neste mundo a fortuna favorece aos audaces e nunca saberedes do que sodes capaces ata que o intentedes.

Disfrutade este momento entusiasmándovos ca etapa que vén: novos sonos, novas metas, novos retos, novas persoas, novos lugares... A aventura continúa para todas e todos vós e no cole de Canide desexámosvos de corazón " que a forza vos acompañe"!!!  O profesorado do Luis Seoane

 

A  vós:

Porque sodes unha promoción especial, que remata unha etapa envolta nas peores condicións que ninguén puidese imaxinar, pero que demostrou con creces que aínda que o camiño esté cheo de pedras coas que tropezar, volveredes a erguervos e sairedes fortalecidos, como xa acbades de demostrar. Porque si de algo serviu esta pandemia, foi para unirnos máis como comunidade educativa.

Todos xuntos, familias, alumnado e escola, aunamos esforzos cun único propósito: continuar o voso camiño. Porque nunca poderemos esquecer os anos vividos con vós, especialmente este último… Porque sempre seredes unha promoción única e especial: a nosa primeira (e esperamos que última) “PROMOCIÓN COVID 19-20”. Con todo o noso cariño…

Adriana e Quique

Un cole con moi BOAS PRÁCTICAS !

 Ola ola caracola! Tamen hoxe despídese ata Setembro o "Equipo de Convive" (click) que é o que axuda a que no noso cole  fomentemos as Boas Prácticas,(click)  no  día a día. Como ides ver mais abaixo fixeron un video moi chulo e o profe Quique fálanos da importancia das emocións, dos sentimentos, da convivencia... 

Todos sabemos que ao profe Quique gústanlle moitísimo estas cousas e , dende sempre, animounos ca formación dos equipos de acolledores, relaxadores, mediadores... é curioso, tamén lle gustan moitísimo as matemáticas  pero iso xa é outro cantar,  ou non?.

Él, o próximo curso, estará a "outras cousas" pero, de seguro que nos visitará para ver cómo nos vai cos Equipos e como funcionan os mediadores, que tal levamos o do buzón  ...                                                                              Imos velo...

Distribuir contido