Queridas familias : O inicio de curso está próximo, ben sabemos que a preocupación de toda a comunidade educativa pola volta dos nosos nenos e nenas ao centro e grande. As informacións que nos chegan sobre o inicio de curso son as veces contradictorias, irrealizables ou difíciles de comprender. E por isto que, dende o conxunto de personal que conformamos o colexio (personal docente e non docente), queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e o compromiso firme de que pola nosa parte, a volta ao cole será o mais segura e responsable posible segundo as posibilidades que teñamos ao noso alcance e co seguimento estricto das disposicións previstas polas autoridades educativas e sanitarias.
Dende a Consellería de Educación con data 22 de xullo publicouse un PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 (VERSION 22-07-2020) que deberá ser o referente para que cada centro realice o seu propio Plan de Adaptación ao contexto COVID.
Dende a dirección do CEIP Luis Seoane estamos traballando arreo para a concreción dese Plan e para isto contamos ca colaboración inestimale da ANPA que leva ao día todas as disposicións normativas referidas ao Comedor Escolar e Actividades extraescolares facilitando o diseño e posta en práctica das mesmas e, do Concello de Oleiros que, a día de hoxe realiza obras de arranxo e acondicionamento de espazos como as entradas, comedor, patio de infantil, aula de informática ... imprescindibles para a creación dun entorno seguro e adaptado do millor xeito posible a esta dificil situación que estamos a vivir. Tamén, dende a unidade técnica da Consellería estase procedendo ao cambio do sistema de iluminación das aulas do edificio de primaria o que redundará en beneficio da luminosidade dos espazos e da millora na colaboración co medio ambiente.
Debemos destacar que, as noticias que nos chegan son imprecisas (clica aquí) e é por isto que non podemos asegurar como definitiva ningunha información. Animámosvos a que sigades esta web que será a canle de comunicación na que publicaremos as últimas actualizacións.
Recordade que na columna da dereita na parte superior figuran as NOVAS ADMINISTRATIVAS que indican sempre os procedementos abertos que poden resultar do voso interese.
Moito ánimo, estamos desexando volver con todos e todas e ogallá que así sexa.
A dirección