Este ano haberá moita arte...

Blogues

RAP DA PAZ LUÍS SEOANE EN LINGUA DE SIGNOS

Polos festexos do Día da Paz, do día 30 de xaneiro, queremos compartir con tod@s vós o Rap da Paz do noso cole en versión Lingua de Signos. Todo o mundo participou e ademáis de quedar chulísimo aprendimos moito!!!

Feliz Día da Paz!!!

 

 

INFORMACIÓN COVID

Estimadas Familias,

Queremos informarlles que, dende o Colexio, non podemos comunicar un positivo Covid-19 ata que non nos chega o comunicado oficial da Central de Seguimento de Contactos (CSC).

Somos sabedores da preocupación existente polo avance da Covid, pero temos que seguir as indicacións sanitarias.

Nós comunicamos directamente os casos positivos que nos indica a CSC, atendendo sempre a Lei de Protección de Datos.

Existirán positivos que non serán comunicados polo Colexio, seguindo as indicacións de Sanidade, pois o seu contaxio non produce contactos estreitoss dentro da Comunidade Educativa.

LEMBRAMOS QUE ANTE CALQUERA SÍNTOMA COMPATIBLE COA COVID -19 NON DEBEN ACUDIR Á ESCOLA.

 

Un saúdo a tod@s!

COMUNICACIÓN COVID

Estimadas Familias,

Comunicamos que se confirmou un caso positivo da Covid - 19 no centro educativo.

As Autoridades Sanitarias xa adoptaron as medidas necesarias.

O resto da Comunidade Educativa pode seguir acudindo ao centro, mantendo as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Debido á Lei de Protección de Datos, esta é a información que ata o momento podemos aportar.

Un saúdo.

 

ENTREGA DA COMIDA E MANTAS Á PROTECTORA "AMIGOS DE LOS PERROS DE CARBALLO"

Prezadas familias,

onte, pola tarde, fixemos entrega da cfomida e mantas ña Protectora "Amigos de los perros de Carballo".

Quedaron moi agradecidos e nós dámosvos as grazas a todos e a todas pola vosa participación.

MOITAS GRAZAS!!!!

 

E recordade... hai moitos cans e gatos esperando ser acollidos ou adoptados.

PROCESO DE RESERVA DE PLAZA DOS ALUMNOS/AS DE 6º DE PRIMARIA NO INSTITUTO MARÍA CASARES

BO DÍA FAMILIAS!!!!

COMEZAMOS A ANDAINA DO 2º TRIMESTRE CON MOITAS GANAS E FORZAS RENOVADAS!!!!

ABRIUSE O TEMPO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O ALUMNADO QUE ESTEA AGORA CURSANDO 6º DE PRIMARIA E PRETENDA CONTINUAR ESTUDOS NO IES MARÍA CASARES (QUE É O NOSO CENTRO ADSCRITO).

PARA ELO, OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA LEVAN UNHA SOLICITUDE DE RESERVA QUE TEDES QUE CUBRIR E ENTREGAR Á TITORA CANTO ANTES, XA QUE O PRAZO REMATA A  PRINCIPIOS DO DE FEBREIRO.

O ALUMNADO QUE NON DESEXE CONTINUAR OS ESTUDOS NESTE INSTITUTO ADSCRITO DEBERÁ POÑERSE EN CONTACTO CÓ CENTRO NO QUE QUERAN SOLICITAR PRAZA PARA INFORMARSE DO PROCESO A SEGUIR.

CALQUEIRA DÚBIDA POÑÉDEVOS EN CONTACTO CON NÓS.

UN SAÚDO!!!

ÚLTIMO DÍA DO 1º TRIMESTRE EN IMAXES

BOAS FAMILIAS!!!!

COMO VAI ESAS VACACIÓNS? SEGURO QUE BEN APROVEITADAS!!!!

QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS O ÚLTIMO DÍA DE CLASE DESTE TRIMESTRE EN IMAXES!!! UN DÍA CHULÍSIMO CHEO DE FESTEXOS E ACTIVIDADES ONDE NON FALTARON AS TRADICIONAIS BADALADAS!!!!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!! VÉMONOS DE VOLTA O DÍA 8 DE XANEIRO!!!

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE ANO!!!

Non hai mellor agasallo que un libro... polo que o noso Equipo de Biblioteca fai unhas recomendacións para que non falten este ano!!!!

Non volas perdades!!!!

 

FESTEXOS DE NADAL

Hoxe empeza un receso moi moi merecido!!!!

Desde o Cole queremos darvos as grazas pola vosa implicación, colaboración e respecto neste ano tan complicado para tod@s!!!!

Voltaremos coas pilas ben cargadas o 8 de xaneiro, venres.

Desexámosvos moita saúde e que o vindeiro ano veña cargado de cousas boas!!!!

Para que festexedes estas celebracións por todo o alto deixámosvos o vídeo das Badaladas que fixeron os alumnos e alumnas de 6º C de Educación Primaria.

MOITAS APERTAS FAMILIAS!!!!

 

ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

O Equipazo de Saudadores festexan os aniversarios deste primeiro trimestre!!!

PARABÉNS A TOD@S!!!!

 

PREMIO NO CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS DO CONCELLO DE OLEIROS

SOMOS UN COLEXIO PREMIADO!!!!

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º B DE INFANTIL GAÑARON O CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OLEIROS.

NORABOA ARTIST@S!!!!!

     

Distribuir contido