Este ano haberá moita arte...

Blogues

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO E PORTAS ABERTAS

O día 1 DE MARZO comeza o proceso de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de Educación Infantil ou alumnos e alumnas que cambien de centro.

 

Podedes solicitar cita previa 981617130 ou  676727505 para entregar ou realizar o papeleo na secretaría do Centro ou ben facelo dunha maneira telemática a través do Portal da Xunta de Galicia - Admisión de Alumnado onde nos próximos días teredes máis información.

Consulta a previsión de prazas no seguinte arquivo: PREVISIÓN PRAZAS.

 

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non ten que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

 

Dada a situación que estamos a vivir, as xornadas de Portas Abertas non se poderán realizar, polo que, nos vindeiros días poderedes ver un vídeo onde explicamos e realizamos unha visita virtual polo Centro para que vexades as nosas instalacións e coñezades un pouco a nosa dinámica do día a día.

Mentres o realizamos, podedes informarvos dos nosos servizos a través desta presentación e nos enlaces da Páxina Web:

- INFORMACIÓN E LEXISLACIÓN SOBRE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO - portal Xunta de Galicia

- SERVIZOS DO CENTRO:

      * Madrugadores

      * Comedor Escolar

     * Actividades Extraescolares (Durante este curso escolar non se desenvolveron estas actividades).

      * Transporte Escolar 

INFORMACIÓN COVID NO CENTRO

Estimadas Familias,

Comunicamos a confirmación dun positivo por Covid no noso Centro. Neste caso, tal e como se confirmou co Equipo de Rastrexadores,  non conleva contactos estreitos directos polo que non hai risco de contaxios, xa que leva tempo sen acudir ao Centro Educativo.

Un saúdo.

O NOSO ENTROIDO

O noso Equipo de Dinamización Lingüística elaborou este vídeos tan chulos para que gocedes da semana do Entroido no noso centro. Queremos agradecer a vosa colaboración  e participación para facer destes días unha festa!!!!

Podedes ver a nosa chirigota cos bailes de 6º de Primaria, o Desfile de Educación Infantil e un Resumo en Imaxes destes días!!! Feliz Entroido!!!

 

 

RECORDADE QUE EMPEZAN AS VACACIÓNS DE ENTROIDO...

 

A vindeira semana temos un pequeno descanso polo Entroido NON haberá cole o Luns 15, Martes 16 e Mércores 17 de Febreiro.

Vémonos de volta o xoves 18 de febreiro. Un saúdo!!!

REMATAMOS A SEMANA DO ENTROIDO CO ÚLTIMO MANDATO DA NOSA MECA LUISIÑA

Xa remata esta semana tan divertida onde a nosa Meca convertiunos cos seus mandatos en choqueiros.O seu último mandato para o VENRES 12 DE FEBREIRO é:

CANDO SAIAS DA CAMA

NON TE QUITES O PIXAMA!!!!

PENÚLTIMO MANDATO DA NOSA MECA LUISIÑA...

O cuarto mandato da nosa Meca Luisiña, PARA O XOVES 11:

TODA A TÚA ROUPA DO REVÉS

ESTA MECA QUERE VER!!!

via GIPHY

3º MANDATO DA MECA LUISIÑA

Xa estamos a metade de semana e para mañá mércores 10 de Febreiro o mandato da Meca Luisiña é:

ENORME CAMISETA OU CAMISA

DALGUÉN MÁIS GRANDE,

PARA QUE ME DEA MOITA RISA.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

2º MANDATO DA NOSA MECA LUISIÑA

A Meca Luisiña xa enviou o Segundo Mandato (Recordade que son Acumulativos:

CADA DÍA TRAERÁS E O ANTERIOR NON QUITARÁS!!!!).

Para O MARTES 9:

DE CADA COR UN CALCETÍN

POR FÓRA DO PANTALÓN

PARA NON PARAR DE RIR.

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CHEGOU A MECA LUISIÑA CO PRIMEIRO MANDATO

Estimadas familias:

Como cada ano polo Entroido, chega ao colexio Luís Seoane a nosa benquerida meca Luisiña que cinco mandados traerá para divertirnos e pasalo ben. Lembrade que os mandados son acumulativos e que “cada día un traerás e o anterior non quitarás.”

Velaí vai o primeiro mandado para o LUNS 8 DE FEBREIRO:

Para ir preparando ao final un bonito disfraz...

Paxariña, gravata

ou adorno no teu pescozo,

máis unha bonita flor

temos que traer posto.

 

Grazas pola vosa colaboración e participación.

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

via GIPHY

MODIFICAMOS O PROTOCOLO DE SAÍDAS DE EDUCACIÓN INFANTIL (TRES ANOS)

Boas familias,

Có fin de facilitar e axilizar as saídas de Educación Infantil e Educación Primaria, procedemos a modificar a hora e zona de saída dos alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil (alumnos de 3 anos).

A partir do Luns 1 de febreiro, os alumnos e alumnas de 3 anos que estean na quenda de recollida de familias, saerán ás 13:55 POLA RAMPA DE TRANSPORTE DE EDUCACIÓN INFANTIL (Porta 1 - Portalón superior). Desta maneira axilizaremos a saída do alumnado de Educación Infantil, para que as familias que teñan máis nenos en Educación Primaria cheguen ben para a súa recollida.

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo!!!

 

Distribuir contido