Blogues

RECORDADE AS NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO COLE...

Xa estamos a piques de rematar este primeiro trimestre!!!! Así que o equipo de Acolledores fixeron este vídeo para que lembremos as normas de funcionamento e outras novas que estamos aplicando no cole por mor da Covid!!!!

Estádes facéndoo xenial, ánimo!!!!!

RECORDADE QUE...

 

A vindeira semana temos un pequeno descanso antes das vacacións de Nadal. Recordade que NON haberá cole o Luns 7 e o Martes 8 de decembro.

Un saúdo!!!

CAMPAMENTOS DE NADAL NO CONCELLO DE OLEIROS

Boas tardes Familias!!!!

Sabemos o complicado que pode ser conciliar estas vacacións de Nadal, así que tedes a posibilidade de que os Nenos e Nenas participen nos Campamentos de Nadal organizados polo noso Concello de Oleiros.

Tedes nos documentos anexos toda a información e o prazo de solicitude é do 7 ao 11 de Decembro.

Un saúdo!!!!!

NON MÁIS LIXO NO PATIO - Campaña de recollida selctiva no Centro

Non mais lixo no noso patio, apúntaste?

O Equipo de Bosque, preocupado pola cantidade de lixo que hai no patio, quere recordarvos como  temos que facer para que cada resto estea no seu lugar.

PINCHA AQUÍ: VIDEO CAMPAÑA RECOLLIDA

 

 

 

DEPENDE DE LOS DOS - 25 N NO COLE

Familias!!!!

Como adiantamos vai uns días aquí tedes unha pequena sorpresa!!!

Os vosos nenos e nenas convertíronse en bailaríns e cantantes por un día e tod@s xunt@s liotamos e reivindicamos unha sociedade chea de respecto e tolerancia.

Xunt@s contra a violencia de xénero - "Depende de los dos".

Esperamos que vos guste!!!!

 

PRÓXIMOS DÍAS FESTIVOS - PONTE DE DECEMBRO

Bo día Familias!!!!

A vindeira semana temos un pequeno descanso antes das vacacións de Nadal. Recordade que non haberá cole o Luns 7 e o Martes 8 de decembro.

Un saúdo!!!

UNHA PEQUENA MOSTRA DO 25 DE NOVEMBRO NO NOSO COLE...

Aquí podedes ver unha pequena mostra das moitas actividades desenvolvidas no 25 de Novembro Día Contra a Violencia de Xénero. Foi un día de reivindicación, de educación, de respecto e onde os nenos e nenas foron os protagonistas.

Esperamos que vos guste!!!! E seguro que máis adiante veremos algunha sorpresa máis....

 

INFORMACIÓN COVID NO CENTRO

Estimadas Familias,

Comunicámoslles que se confirmou un caso positivo da Covid - 19 no centro educativo.

As Autoridades Sanitarias xa están adoptando as medidas necesarias.

O resto da Comunidade Educativa pode seguir acudindo ao centro, mantendo as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Debido á Lei de Protección de Datos, esta é a información que ata o momento podemos aportar.

Un saúdo.

REPARTO DAS MÁSCARAS

Boas tardes Familias!!

A partir do luns 30 de novembro repartiremos as mascarillas a todo o alumnado beneficiario do Cheque de 50 euros correspondentes ao Material escolar.

Repartiremos 240 mascarillas por alumno beneficiado (para usar dúas máscaras ao día) nos días lectivos que quedan neste curso académico.

Cada representante ou pai ou nai,  acudirá ao centro na quenda do curso correspondente no que está matriculado o seu fill@, aínda que, no caso de ter fill@s pertencentes a varios cursos, poderá recollelas todas nun mesmo día.

Repartimos a recollida de mascarillas nas seguintes quendas:

Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria: Luns 30/11 de: 9:15 - 13:45h. / 16:00 - 18:00h.

Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria: Martes 1/12 de: 9:15 - 13:45h.

ALumnado de 5º e 6º de Educación  Primaria: Mércores 2/12 de: 9:15 - 13:45h.

Recordade que é obrigatorio o uso de mascarilla para entrar ao recinto e é imprescindible manter as distancias de seguridade.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!!

 

RECOMENDACIÓNS E VIDEOCONTOS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA

Hoxe é 25 de Novembro, día contra a violencia de xénero.

Desde o Equipo de Biblioteca proponnos un montón de lecturas moi apropiadas para esta temática e adaptadas e recomendadas para os diferentes cursos.

Ademáis non vos perdades os videocontos que fixeron os rapaces e rapazas de cada curso... Son chulísimos e os podedes ver todos no BLOGUE DA NOSA BIBLIO: LEO MOITO!!!!

 

Distribuir contido