Este ano haberá moita arte...

Blogues

RECOMENDACIÓNS E VIDEOCONTOS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA

Hoxe é 25 de Novembro, día contra a violencia de xénero.

Desde o Equipo de Biblioteca proponnos un montón de lecturas moi apropiadas para esta temática e adaptadas e recomendadas para os diferentes cursos.

Ademáis non vos perdades os videocontos que fixeron os rapaces e rapazas de cada curso... Son chulísimos e os podedes ver todos no BLOGUE DA NOSA BIBLIO: LEO MOITO!!!!

 

O 25 de Novembro no CEIP Luis Seoane !!!

DÍA MUNDIAL DO SAÚDO

O SÁBADO 21 DE NOVEMBRO É O DÍA MUNDIAL DO SAÚDO, E O NOSO EQUIPO DE SAUDADORES NON QUERE DEIXAR DE FESTEXALO!!!!

FELIZ DÍA E BOA FINDE, FAMILIAS!!!

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR REPARTO DE MASCARILLAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día familias:

 

O pasado vernes saiu a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

Podedes descargar a orde picando AQUÍ

 

Podedes descargar o formulario de solicitude AQUÍ

 

NA ORDE ESPECIFICA QUE:

A) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020 - 2021. (Porque é beneficiario directo)

 

B) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

- O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020 - 2021 que cumpra algunha destas condicións:

* Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 Euros.

* Alumnado matriculado en Educación Especial.

* Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

* Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL NON ESTÁ INCLUÍDO COMO BENEFICIARIO DESTA ORDE.

 

Podedes entregar as solicitudes por Sede Dixital na Xunta (Chave 365) ou ben no Colexio CON CITA PREVIA SOLICITADA A TRAVÉS:

email: ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

Teléfono: 981617130

 

É moi importante que pidades CITA PREVIA antes de vir ao Colexio. Calqueira dúbida que teñades poñédevos en contacto con nós.

A DATA LÍMITE PARA AS SOLICITUDES É O 26 DE NOVEMBRO

Un saúdo!!!

 

RESOLUCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS DAS AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR

Ola Familias!!!

Podedes consultar a resolución das axudas ao comedor escolar do Concello de Oleiros, publicada no día de hoxe.

TEDES O ARQUIVO AQUÍ OU NO APARTADO DE NOVAS ADMINISTRATIVAS.

Un saúdo!!!

RESOLUCIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE ANO 2020 DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!

Temos a sorte de rematar este trimestre coa concesión da subvención para promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros.

Podedes ver os detalles no adxunto da mensaxe.

MOITAS GRAZAS AO CONCELLO!!!!

MODIFICAMOS O PROTOCOLO DE SAÍDAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias!!!

Realizamos unha serie de modificacións no punto 3.1 do Plan de Adaptación á situación COVID (está publicado nesta mesma páxina no apartado de Documentos Covid), referido ás SAÍDAS DO ALUMNADO DE RECOLLIDA DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

As familias esperarán, gardando a distancia, na beirarrúa fronte ao colexio.

O alumnado de 1º, 2º e 3º sairá pola 1ª entrada.

EN canto os autobuses arranquen, os titores sairán á porta e avisarán as familias para que crucen e recollan aos nenos nesa entrada.

A saída seguirá sempre a seguinte orde: 1º A - 1º B - 2º A- 2º B- 3º A -3º B

Cando un alumno/A non sexa recollido na súa quenda, agardará co seu titor /a ata que se remate a entrega dos demáis cursos.

O alumnado de 4º 5º e 6º seguirá saíndo coma ata agora pola 2ª entrada.

En canto os autobuses arranquen, os titores sairán á porta e avisarán as familias para que crucen e recollan aos nenos/as nesa entrada.

A saída seguirá sempre a seguinte orde: 4º A - 4º B - 5º A- 5º B- 6º A -6º B - 6º C

Cando un alumno/A non sexa recollido na súa quenda, agardará co seu titor /a ata que se remate a entrega dos demáis cursos.

ESTA MODIFICACIÓN FARASE EFECTIVA O MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.

 

O NOSO MAGOSTOMAÍN NAS CASAS

Este ano tan diferente, as cabazas si estiveron no noso Magostomaín grazas a vós, familias!!!

Agradecemos moitísimo a vosa colaboración xa que poidemos festexar unha das datas do ano que máis nos gustan!!! Moitos participáchedes enviando as vosas creacións en forma de videos e fotos... e aquí tedes unha presentación chulísima que esperemos que gocedes como nós!!!

Ademáis, no Blogue de Dinamización da Lingua tedes moitos máis vídeos que enviáchedes e algunha sorpresa máis!!!

Un ano máis vos superastes!!!!

 

MAGOSTOMAÍN NO COLE...

Aínda que as circunstancias non acompañan, non podiamos deixar de festexar unha das festas máis divertidas do ano... O noso Magostomaín!!!

O cole encheuse de disfraces, de sustos e, sobre todo, de moitas risas e ganas de pasalo ben.

Ademáis, recordade que tedes ata o día 6 de Novembro para enviar a engalegoceipluisseoane@gmail.com as fotos e vídeos das vosas fantásticas creacións do Magosto e do Samaín. Indicade o nome do neno ou nena e o seu curso. Tedes toda a información no Blogue de Dinamización da Lingua do Cole.

Aquí tedes unha pequena mostra da mañá tan divertida que pasamos!!!

 

ENMENDAS AS SOLICITUDES PARA O COMEDOR ESCOLAR CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!

Avísannos desde o Concello que hai varias familias que teñen que achegar e completar a documentación na solicitude das Axudas ao Comedor Escolar.

Tedes 10 días para facelo!!

Un saúdo.

Distribuir contido