Este ano haberá moita arte...

Blogues

COMUNICACIÓN COVID

Estimadas Familias,

Comunícolles que se confirmou un caso positivo da Covid - 19 no centro educativo.

As Autoridades Sanitarias xa adoptaron as medidas necesarias.

O resto da Comunidade Educativa pode seguir acudindo ao centro, mantendo as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Debido á Lei de Protección de Datos, esta é a información que ata o momento podemos aportar.

Un saúdo.

CALENDARIO ESCOLAR 20 -21

Ola Familias!!!

Aínda que xa co curso empezado deixámosvos o calendario escolar deste cuso 20 - 21. Pediremos como festivos os seguintes días:

- 2 de Novembro (luns).

- 18 de Maio (Martes).

 

CALENDARIO ESCOLAR 20 -21

REXEITAMOS Á DIMISIÓN OBRIGADA DA NOSA DIRECTORA

O CLAUSTRO AO COMPLETO E O EQUIPO NON DOCENTE DO CENTRO REXEITA A DIMISIÓN OBRIGADA DA NOSA DIRECTORA. 

PODEDES ACCEDER AO COMUNICADO EMITIDO ONDE EXPLICAMOS OS FEITOS AQUÍ

O RESTO DO EQUIPO DIRECTIVO ACABA DE PRESENTAR A SÚA DIMISIÓN EN APOIO Á NOSA DIRECTORA. 

AVISO FAMILIAS

Ola familias...

Hoxe, queremos avisar de que na columna da esquerda desta páxina , na parte superior, están colgados os documentos elaborados dende a dirección para a adaptación ao noso centro da normativa educativa e sanitaria referida ao contexto COVID. Estes documentos foron presentados e valorados polo Claustro e polo Consello Escolar.

Como xa sabedes a situación tan especial que estamos vivindo é cambiante día a día por iso as disposicións e normativas tanto educativas como as sanitarias poden variar o que nos obriga a adaptar estes documentos periodicamente.

Tamén no centro as medidas organizativas que nos vemos obrigad@s a por en marcha este curso poden sufrir modificacións unha vez valorado o seu funcionamento polo que rogamos a vosa comprensión, aconsellamos a lectura reflexiva dos documentos e xa sabedes calquera dúbida, demanda ou suxestión aquí estamos...

ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

orientaseoane@gmail.com

Tlf: 981617130 // 676727505

AULAS VIRTUAIS PARA O CURSO 20-21

Ola familias!!!!

As nosas Aulas Virtuais xa están operativas!!!

Ao longo das vindeiras semanas as mestras e os mestres poñerán actividades para que vos familiaricedes co seu uso e solventar as dúbidas. Serán unha ferramenta de traballo e de comunicación a distancia e este ano veñen con moitas novidades e posibilidades de uso.

Cada mestre e mestra facilitouvos un Usuario e unha Contrasinal para poder acceder e dende o Equipo TIC do Centro, fixeron este vídeo cunhas pequenas explicacións para que non teñades problemas no acceso e no uso.

 

No vídeo explicamos que os titores e titoras subirán actividades e tarefas, pero tamén o farán as especialidades de música, educación física, relixión e inglés.

Calqueira dúbida que teñades podedes contactar a través deste email coa coordinadora do colexio: apintosl@edu.xunta.es

 

Moitos ánimos a tod@s!!!!

Unhas cousiñas...

BENVIDOS LOGO COLE.PNGOla familias!

Despois dos primeiros días de clase e xa con todo o alumnado incorporado observamos que nas saídas, sobre todo na dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria , hai atrancos e dificultade sobre todo para os que os veñen a recoller as familias. Tamén en Educación Infantil a recollida do alumnado transportado non resulta funcional e haberá que modificala.

Sabedes que o tema e complexo se non queremos descoidar as medidas de seguridade. Pedimos paciencia e comprensión porque estamos traballando no asunto cas empresas de transporte, ca policía local, tod@s nos volcados... así que si vedes cambios nestes días vai ser debido a esta situación que confiamos se arranxe de bo xeito para tod@s.

- Aproveitamos para comentar que en primaria o material escolar son os propios nenos e nenas @s que o traen pouco a pouco para evitarlles a sobrecarga.

 

OrientacionPEQUE.png

- Dende o Departamento de Orientación dannos a benvida e invítannos a repasar e aprender mais sobre as normas que imos ter na volta ao cole por mor da COVID . ¿ A que están guay ? 

- Recordamos tamen que xa se poden xestionar as " Axudas para alumnado con necesidade específica de Apoio Educativo" Para calquera dúbida sobre esta xestión xa sabedes, chamade ao 981617130 e solicitade cita ca orientadora. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de Setembro do 2020.

 

 

Imos a pola 1ª semán , que sexa feliz para tod@s!!!

 

 

CONVOCATORIA DE FOLGA DO ENSINO PÚBLICO PARA O 10 DE SETEMBRO

AVISO ÁS FAMILIAS- FOLGA DO 10/9/2020

Para o xoves 10 de setembro está convocada unha folga no ensino público por mor da cal dende a dirección do CEIP Luis Seoane queremos manifestar :

Atendendo aos servizos mínimos dictados pola Consellería de Educación e ao dereito do profesorado de participar na devandita folga, vémonos na obriga de comunicar ás familias que, neste primeiro día de curso non podemos garantizar que @ titor@ d@ seu fill@ vaia asistir ao centro.

O alumnado será atendido en base aos servizos mínimos esixidos e a planificación referida no resumo do Plan de Adaptación ao contexto COVID para os primeiros días deberá ser adaptada segundo o escenario que se nos presente.

 

PASOU O 1º DÍA, IMOS POLO 2º...

Ola ola caracola!!!  

Pasou, pasou o primeiro día e tod@s estabamos ali , con medo, con incertidumes, con moitas dúbidas pero estabamos tod@s:  os e as que viñeron para non deixarnos sós, os e as que non eran capaces de tomar unha decisión nestes duros momentos, os e as que estaban de folga e nas concentracións , no Luis Seoane, no cole de Canide tod@s estabamos hoxe ali.

Recibimos aos nosos nenos e nenas que tamén entraban con ganas, con medos, con ilusión e,  por suposto,  tamén lembrando aos que quedaron na casa para axudar, para demandar, para berrar :  ¡ estamos aquí !

Nada mais, dicir que, necesitamos axuda !!! 

e eu querería  dicir : GRAZAS!!!

                                            ENTRADAS:

Horario ampliado: De 08:50 – 09:15 h. 

Ás 8:50 abriranse as portas exteriores. A partires desa hora cada profesor responsable da atención na primeira sesión deberá permanecer na súa aula. Haberá profesorado de garda tanto en EI como en EP para dinamizar e supervisar as entradas.

Con carácter xeral non se formarán filas e nenos e nenas entrarán segundo vaian chegando.

En ningún caso os pais/familias accederán ao centro nese momento.

En infantil: Para este curso habilitaranse as dúas entradas situadas na parte superior do edificio de infantil.

Pola primeira delas entrará o alumnado transportado que chegará acompañado d@s monitor@s de bus e será recibido por profesorado de garda que o acompañará ás aulas.

Pola segunda, que sería a porta exterior de acceso ao pavillón entrará o alumnado acompañado polas familias, será recibido por profesorado de garda que o acompañará as aulas. A entrada será dinámica segundo vaian chegando e non se formarán filas para evitaraglomeracións.

Os pais/familias en ningún caso entrarán ao centro nese momento.

As titoras/profesorado responsable da 1ª sesión permanecerán nas aulas desde as 08:55 h. e vixiarán que na entrada se leven a cabo normas de hixiene: limpeza pés / limpeza mans co xel hidroalcohólico.

En primaria:

Habilitaranse as dúas entradas exteriores do centro.

Alumnado transportado : Conforme ao protocolo para alumnado transportado no momento da chegada do bús baixará :

Pola 1ª entrada  o alumnado de 1º , 2º e 3º de E.P. que o farán de xeito dinámico sin formar filas e supervisados por profesorado de garda que comprobará que realizan a adecuada limpeza de desinfección de pés nas alfombras habilitadas para o caso.

Subirán ás aulas polas escaleiras correspondentes e serán recibidos por titor@s/profesorado responsable da 1ª sesión, que supervisarán a realización de medidas de hixiene acordadas.

Pola 2ª entrada accederá o alumnado de 4º , 5º e 6º de E.P. que o fará tamén de xeito dinámico sin formar filas e supervisados por profesorado de garda que comprobará que realizan a adecuada limpeza de desinfección de pés nas alfombras habilitadas para o caso.

Subirán ás aulas polas escaleiras correspondentes e serán recibidos por titor@s/profesorado responsable da 1ª sesión, que supervisarán a realización de medidas de hixiene acordadas.

Alumnado acompañado de familias ou alumnado que chega só (a partir de 5º de primaria con autorización), esperarán na beirarúa fronte ás entradas do centro ata que a policía local lle permita o paso. Nese momento entraran ao centro sen deterse ata a súa aula, respectando as medidas de distanciamento social.

Haberá profesorado de garda guindo esas entradas.

Os pais/familias en ningún caso entrarán ao centro nese momento.

Nos accesos todo o alumnado e profesorado deberá obrigatoriamente levar posta a máscara e gardar as distancias.

 

SAÍDAS

En infantil

Alumnado transportado: Sairán pola porta superior exterior onde os recollerán os monitores do bus .

A partir das 13:30 h  agrupados por niveis situaranse na aula A o alumnado usuario de transporte (colocado a sua vez por liña de bus) e na aula B o alumnado que será recollido polas familias.

As monitoras de cada liña de bus achegaranse á porta exterior de infantil seguindo a orde: Liña 6, 1. 2. 3 , 4 e 5. e cada titora por niveis irá colocando aos usuarios das correspondentes liñas na porta de acceso para que as monitoras os recollan e os acompañen ao bús.

Alumnado recollido polas familiasUnha vez entregado o alumnado de transporte ou simultaneamente sempre que se podan gardar as medidas de distanciamento social, cada profesora responsable de nivel acompañará aos seus alumnos á porta de saída establecida onde serán recollidos polos pais que deberán esperar fora ca separación entre eles que garanta a sua seguridade.

Alumnado usuario do comedor- A partires das 13:15 horas será recollido nas clases polo personal responsable do comedor segundo protocolo COVID establecido.

Saída comedor: segundo protocolo COVID establecido.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN : Durante o mes de setembro o alumnado de 4º de Educación Infantil terá un período de adaptación de acordo coa ORDE pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos polo tanto durante este mes este nivel terá unha programación de entradas e saídas adaptadas tal e como foi xa explicado na reunión de principio de curso.

 

En Primaria:

O mestre especialista ou titor que estea co alumnado na última sesión encargarase de que se desinfecten os postos de traballo, se recolla o material e se garde unha orden nas saídas para evitar aglomeracións.

A partires das 13:45h:

Sairán primeiro os alumnos de comedor e posteriormente o mestre/a responsable da última sesión acompañará ao resto do alumnado ata a porta exterior de saída. (A saída será dinámica sen detencións).

Ás 13:45h sairán os alumnos de 1º, 2º e 3º e posteriormente os de 4º, 5º e 6º ás 13:55h. No caso de ter que agardar nas escaleiras manterase un escalón de distancia entre o alumnado.

O alumnado de comedor será o primeiro da fila seguirá o de transporte que irá directamente ao autobús correspondente. No caso de ter que agardar para subir ao bús respetarán as distancias de seguridade establecidas.

As familias esperarán gardando a distancia na beirarúa fronte ao centro.

Contaremos ca presenza da policía local regulando o tráfico.

 

Debemos recordar...

  • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
  • Usar a máscara 
  • Desinfectar as mans antes de entrar / saír do centro 
  • Permanecer no espazo establecido.
  • Nas entradas e saídas os pais non acceden ao Centro Escolar

 

 SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES

Podédelo consultar no Protocolo de Comedor da empresa xestora Jardanay

 

RECREOS

- Tal e como figura no noso Plan de adaptación ao contexto Covid, realizaranse por quendas, respectando os grupos de convivencia estable e nos espazos sinalados e diferenciados nos patios de infantil e primaria.

- Nos días de chuvia os recreos serán nas aulas ao non dispor o centro de espazos cubertos que garanticen o mantemento das medidas de seguridade derivadas da situación de pandemia.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID 2020

A toda a comunidade educativa:

A partir de hoxe como podedes ver nesta páxina web estará colgado o Plan de Adaptación ao contexto COVID elaborado pola dirección do centro e consensuado co claustro de profesores e demais axentes que actuan no noso centro : personal non docente, administración, persoal auxiiar , ANPA, empresas que levan a xestión do comedor, limpeza e transporte. Asemade será presentado á Inspección educativa e ao Consello Escolar   tal e como esixe a normativa vixente.

Considerando a singularidade da situación que vivimos e as esixencias que nos "ímpón" a normativa dende a dirección do "CEIP Luis Seoane"quero que quede constancia de que manifesto a miña incompetencia e falta de cualificación profesional asi como a carencia de coñecementos sanitarios necesarios e de valoración de risgos laborais, polo que declino calquera responsabilidade derivada da sua aplicación xa que considero que este Plan e todos os esixidos na situación de pandemia deberían ser aprobados polos organismos competentes legal e xuridicamente na materia.

En calquera caso e unha vez mais gustaríanos transmitir unha mensaxe de tranquilidade e de positivismo para enfrentar o novo curso xa que todo o personal estamos volcados na intención de que todo se desenvolva do xeito mais sereno e cas maiores garantías de seguridade personal e de óptimo desenvolvemento curricular.

 

 

LIBROS FONDO XUNTA

Bo día, familias,

 

Como xa sabedes, este ano hai libros do fondo da xunta para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria.

No caso de 3º EP, este ano cámbianse os libros, polo que aqueles que os teñades concedidos pola xunta será o colexio o encargado de proporcionalos (aqueles que non tedes os libros concedidos ou só tedes algún, teredes que mercalos porque non hai fondo da ANPA debido a ese cambio de libros). A idea era poder entregalos o día da reunión cos titores e titoras, pero as editoriais nestas datas están "saturadas" e vai ser imposible telos para mañá no colexio. En canto cheguen xa comunicamos por esta vía o procedemento a seguir para a súa entrega.

 

No caso de 4º de EP si que se entregarán ao remate da reunión cos mestres e mestras. Primeiro entregaremos os libros da Xunta e, despois, aqueles que non teñades o lote completo, poderedes completalo co fondo de libros da Anpa. Estará unha representante da Anpa para axudarvos e entregarvos os libros. 

Despois, aqueles que non tedes ningún libro concedido pola xunta, tamén podedes solicitalos no fondo da Anpa tendo en conta que terán preferencia os socios e a orde de chegada. 

 

Un saúdo

Distribuir contido