E chegou o día, o último deste curso que aló polo mes de marzo sorprendeunos a tod@s e fixo que tivéramos que reinventar o xeito de "facer escola". Ao final a cousa non saiu mal, non si? un coronavirus non ía a poder con nós.
Chegou tamén o último día para unha promoción de nenas e nenos que levan con nós nove anos, que entraron pola porta de infantil da man da mamá, do papá, da avoa ... con sorpresa, medos, ilusións, alegrías, recelos... e que, nestes anos, déronnos exemplo de cariño, esforzo, perseverancia, inocencia, amistade e solidaridade.
Queremos darvos as grazas por estes anos , por querernos, por sorprendernos, por soportarnos nos días difíciles, por axudarnos e polos "retos" aos que nos sometíchedes. Iso sen dúbida, ía conformando o noso día a día e axudándonos a enfrentar con ilusión e alegría o camiño que eleximos.
Agora, sen que soe a despedida porque as vosas cariñas sempre estarán no noso corazón , queremos animarvos para que non deixedes que os vosos medos tapen os vosos desexos, que os muros aos que vos enfrentedes veñan de fóra e non do voso interior ; pensade que neste mundo a fortuna favorece aos audaces e nunca saberedes do que sodes capaces ata que o intentedes.
Disfrutade este momento entusiasmándovos ca etapa que vén: novos sonos, novas metas, novos retos, novas persoas, novos lugares... A aventura continúa para todas e todos vós e no cole de Canide desexámosvos de corazón " que a forza vos acompañe"!!! O profesorado do Luis Seoane
A vós:
Porque sodes unha promoción especial, que remata unha etapa envolta nas peores condicións que ninguén puidese imaxinar, pero que demostrou con creces que aínda que o camiño esté cheo de pedras coas que tropezar, volveredes a erguervos e sairedes fortalecidos, como xa acbades de demostrar. Porque si de algo serviu esta pandemia, foi para unirnos máis como comunidade educativa.
Todos xuntos, familias, alumnado e escola, aunamos esforzos cun único propósito: continuar o voso camiño. Porque nunca poderemos esquecer os anos vividos con vós, especialmente este último… Porque sempre seredes unha promoción única e especial: a nosa primeira (e esperamos que última) “PROMOCIÓN COVID 19-20”. Con todo o noso cariño…