Blogues

DÍA DO LIBRO - Os alumnos e alumnas de 6º anímannos á lectura.

Os alumnos de 6º de Primaria festexan o Día Do Libro desde as casiñas... e a través duns vídeos moi moi chulos, dinnos que non deixemos de ler xa que é unha ventá ao mundo que debemos deixar sempre aberta...

Esperamos que vos gusten moito!!!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

 

E ademáis proponnos varias recomendacións de lectura para estes días na casiña!!!!

 

Nova da Biblioteca

Ola ola caracola...

Con todo este lío da cuarentena e o confinamemto a nosa biblioteca andaba un pouco perdida pero xa con esto da desescalada, a primavera, o mes de abril, o día do libro,  das letras....pois nada que retorna e, non sei si víchedes pero estes días van aparecendo cousiñas que nos invitan a  : viaxar, aprender, disfrutar, soñar... asi que xa sabedes a entrar na páxina da biblioteca perderse polos seus recunchos e xa iredes vendo todo o que vai aparecendo.

Recordade na columna da esquerda tedes unha entrada directa á Biblioteca : "LEO MOITO".

E, para abrir boca este precioso corto dos "Fantasticos libros voladores "

 

 

Unha noticia importante...

 

  • Inés e Icía coméntannos que na pasada fin de semana fixeron un traballo moi especial : colaboraron na confección de delantais para o personal sanitario do Centro de Saude de Narón !!!

 

Como podemos ver nas fotos que lles mandaron de volta @s sanitarios , os delantais quedaron estupendos asi que xa sabemos que contamos con duas futuras diseñadoras e tamén con duas mulleres solidarias e comprometidas.

 

Bravo por elas…

 

Tempos difíciles...

Ola ola caracola...

Queridas familias e queridos nenos e nenas: Efectivamente están sendo tempos difíciles,  inimaxinables para todos fai uns meses e aos que hai que facer frente con medidas nunca experimentadas e as veces un pouco contradictorias e desconcertantes.

O martes na intervención das autoridades educativas estatais transmitiuse unha información que puido non entenderse moi ben e o que logo, a interpretación que dela fixeron os medios de comunicación en lugar de clarificar confundiu mais.

 

Vou intentar concretar e resumir o que nos afecta, paraPrimaria :

Non hai aprobado xeral, pero sí Promoción automática con materias pendentes nalgúns casos. A repetición de curso pasa de ser unha medida extraordinaria (así se clasifica todos os anos dentro das medidas de atención á diversidade) a ser, nesta situación de pandemia, unha medida “moi extraordinaria”.

En canto a esta promoción poden darse duas situacións:

1) Ter aprobadas a primeira e a segunda avaliación en todas as materias.

Parabéns alumno / alumna , grazas polo teu esforzo!!!”. Está a porta aberta para o teu paso ao seguinte curso. Iso significa que acabou o curso para ti? NON. O calendario escolar mantense . De que che pode valer seguir entregando tarefas? Pois e importante saber que podes millorar as túas cualificacións e podes aprender polo pracer de facelo, sen presións, sen exames, sen maiores preocupacións. Estás salvada/o en canto ao curso se refire.

Que faría eu na túa situación? Profundizar no que se me dese ben e me interesase moito, repasar todo o que me custa un pouco máis para asegurar que o curso que vén todo irá mellor e poderei axudar aos compañeiros e compañeiras aos que lles estea custando máis.

2) Ter algunha ou varias materias suspensas na primeira e/ou na segunda avaliación

Neste caso tes unha oportunidade única, podes centrarte en recuperalas, podes pedir os reforzos que precises se tes dúbidas ou dificultades, pero, dependerá de ti pasar ou non pasar de curso sen mateias pendentes , terás ao teu profesorado centrado en axudarche para facilitarche ó máximo o éxito, pero terás que manter o teu interese, dedicarlle un tempo e preguntar todo o que non entendas.

 

- Cambio de etapa

Aquí si que temos moitas lagoas… debemos agardar as instrucións precisas en Galicia.  O que sabemos é que a avaliación atenderá a criterios globalizadores. Que significa? Que pensaremos se ese alumn@ acadou os coñecementos precisos para acceder á outra etapa educativa. Aquí é onde entra en tromba o que a ministra onte chamou “avaliación por competencias”. Temos que pensar que se refería a calquera cambio de etapa no noso sistema educativo e , na ESO , Bacharelato e FP as cousas complícanse mais.

 

En resume é importante que saibades que dende a Dirección do centro estase a facer un grandísimo esforzo para sacar recursos de onde non os tiñamos e poder garantir que todos e todas teñan o acceso nas condicións máis equitativas posibles e tanto as titoras, os titores, o profesorado e o Departamento de Orientación estamos tamén moi implicados para atender a todas as vosas circunstancias.

Pedimos ás familias que non deixedes de comentarnos a vosa situación porque non vos vemos e precisamos establecer a comunicación convosco. Cando os nen@s están na clase sabemos se teñen ou non dificultades, se están a pasar por un mal momento, pero na distancia precisamos das vosas palabras. Expresádevos, por favor.

Somos conscientes de que nestes momentos as diferenzas entre o alumnado agudízanse moito debido entre outras a:

  • Situacións relativas á saude familiar

  • Diferencias nos medios de acceso

  • Diferencias cos apoios que se podan dar na familia

  • Desigualdades cognitivas do propio alumnado

  • A situación da convivencia pode variar moito, a nivel emocional, económico, de relacións...

Esta combinación de variables dificultan moitísimo unha avaliación xusta. Para avaliar temos que proporcionar unhas garantías baseadas en dous principios: o principio de equidade (non dar a todos e todas o mesmo, senón a cada alumno/a o que precise) e o principio de atención á diversidade. Estes principios, que xa son difíciles de levar a cabo de forma presencial, cando todo o mundo comparte o mesmo ambiente, son moito máis complicados de aplicar a distancia, con cada neno e cada mestre obrigados a permanecer nas súas casas .

Neste contexto é no que ahora nos movemos e por isto o que onte se propuxo dende o Ministerio de Educación é que ninguén quede atrás por unha pandemia.

Van sair seguramente instruccións mais precisas pero penso que en Infantil e Primaria as cousas están bastante claras.

 Por favor, preguntade todo o que necesitedes , deixade os vosos comentarios nesta páxina ou por mail , teléfono estamos para respostar ás vosas inquedanzas.

Apertas e moito ánimo!!! Sorte para tod@s !!!

 

 

Para relaxar un puco o maravilloso Tonucci...na cabeceira

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa estamos de volta...

Ola ola caracola...

Xa estamos aquí de novo con ganas de saber de vos e compartir cousas. Hoxe queremos convidarvos a participar nun webinar (videoconferencia) ca Asociación Española de Pediatría .

Está aberta a pais e nais que teñan dúbidas sobre como tratar algunhas situacións que se poden producir cos seus fillos e fillas neste tempo de confinamento, problemas relacionados co sono, ca alimentación, ca conduta ...

Poderedes asistir en directo e preguntar  , seguramente resultará moi interesante. A cita hoxe mércores 15 de Abril as 18:30h . Clicando no título desta noticia (Xa estamos de volta) poderedes entrar ao enlace.

E calquera cousa xa sabedes...

 

ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

orientaseoane@gmail.com

tlf: 676727505

 

 

OS RAPACES DE 2º BUSCAN A SOLUCIÓN PARA O COVID-19

Grazas familias!!!

 

Ola ola caracola....

Hoxe compartimos un novo video que enviaron os nen@s de Sexto de Infantil.

Encántanos velos así que, seguide enviando:

  • ceip.luis.seoane@edu.xunta.es
  • orientaseoane@gmail.com
  • Whatsapp: 676 727 505

Vémonos dende as casas!!! 

 

 

 

 

 

¿Que é o 8 de Abril?

 

Ola ola caracola...!

O Día Internacional do Pobo Xitano celébrase o 8 de Abril, asi que celebrámolo hoxe.

Neste día temos que lembrar que a crise do coronavirus está tamén golpeando de maneira especial á comunidade xitana, dende o noso centro, sempre acolledor para este pobo, non queremos obviar esta data e invitámosvos a visitar a web do Departamento de Orientación (clic aquí), onde se complementa esta información.

 

 

Un reto para a finde...

 

Ola ola caracola...

Como xa estamos de vacacións hoxe imos propoñer un reto, unha actividade para facer en familia, tamén poden facelo @s profes cas suas familias.

Unha movilización dentro da casa na  que podedes implicarvos toda a familia, podedes  fomentar o lecer e a educación en valores dos mais pequenos con actividades plásticas e deportivas que van promover tamén a conciencia solidaria e cidadá.

Veña animádevos e xa nos contaredes como vos saliu. Escribide a : orientaseoane@gmail.com

 

 

 

Ao "reto" podedes acceder a través deste enlace, clicar aquí

Ola Ola caracola...

 

Bo día... Como imos?  Na casiña seguro e... como di o profe Quique no video : Onde imos estar millor que na casa?  

Pero son xa moitos días e... que lío...que non cabemos...!!! como arranxar isto???

Pois ahí vai un video que de seguro moit@s xa o coñecedes pero nestes días hai que recordalo e... TRANQUIS... que isto vai pasar e todo "VAI SAIR BEN"

Serve para todas as idades e hai que velo en familia e despois xa sabedes a escribir o que vos pareceu ou a debuxalo e enviades un mail a: orientaseoane@gmail.com.

E... a quedar na casiña, bicsss...

 

 

 

Distribuir contido