Blogues

Nova ligazón as bibliotecas públicas de Oleiros

Ola a todxs, dende hoxe está colgada nesta páxina o enlace ao blogue das bibliotecas públicas municipais de Oleiros. Poderedes atopalo sempre na barra azul da dereita desta páxina web, dentro da sección que ten de título ligazóns.

Sabedes que sempre, pero especialmente nestes días, están colgando contacontos e actividades para o fomento da lectura que poden resultar moi útiles.

 

 

DO

De interese para todxs

 

Dende o Departamento de Orientación compartimos esta guia (clic aquí para vela) que pensamos pode ser moi útill para todxs nestes difíciles momentos que nos tocou vivir.

Invitámosvos tamén a que naveguedes pola web de orientación para que vos familiaricedes cos seus espazos e contidos.

Ánimo que ista partida ímola gañar.

DO

 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA AS FAMILIAS

OLA FAMILIAS!!!!

QUEREMOS PRESENTARVOS DE DÚAS PÁXINAS COMPLEMENTARIAS AO TRABALLO QUE CADA MESTRE NESTE CENTRO ESTÁ LEVANDO A CABO.

SON RECURSOS E APOIOS EDUCATIVOS QUE PODEN AXUDAR AOS VOSOS NENOS NO TRABALLO DIARIO E PARÉCENNOS MOI INTERESANTES TELAS EN CONTA...

- EN PRIMEIRO LUGAR ESTÁ CLAN TV CUNHA INICIATIVA QUE SE CHAMA "APRENDEMOS DESDE CASA". A TRAVÉS DE LA WEB, CANAL CLAN Y DE LA 2 TELEVISIÓN OS NENOS E NENAS DE ENTRE 6 A 16 ANOS ACCEDERÁN AOS DIFERENTES CONTIDOS EDUCATIVOS QUE PODEN REFORZAR OS QUE XA ESTAMOS TRABALLANDO EN CADA NIVEL. OS HORARIOS SON:

* PARA NENOS E NENAS DE 6 A 8 ANOS SERÍA O PROGRAMA DE 9:00 H A 10:00 H.

* PARA NENOS E NENAS DE 8 A 10 ANOS SERÍA O PROGRAMA DE 10:00 H  A 11:00 H.

* PARA NENOS E NENAS DE 10 A 12 ANOS SERÍA O PROGRAMA DE 11:00 H  A 12:00 H.

PARA NENOS E NENAS DE 12 A 16 ANOS A PROGRAMACIÓN SERÍA DE 12 A 14 H.

AQUÍ TEDES O ENLACE PARA ACCEDER DIRECTAMENTE.

ADEMÁIS TEDES DENDE A SEMANA PASADA O PROXECTO EDUCLAN CON MOITOS RECURSOS AUDIOVISUAIS QUE PODEN AXUDAR MOITO NESTES DÍAS.

 

POR OUTRA BANDA, TEMOS UNHA INICIATIVA GALEGA- AULAS GALE ONDE, PODEDES ATOPAR MOITOS RECURSOS E INICIATIVAS CLASIFICADAS POR NIVEIS. TEDES AQUÍ O ENLACE.

 

MOITOS ÁNIMOS E A APRENDER MOITO NA CASA!!!!

DEPARTAMENTO DE ORIENTACION - NOVA WEB

Bo dia a todos e todas...

Un día mais e aqui seguimos. Moito ánimo, que desta salimos con mais forza e mais unidos si cabe.

Como vedes , estamos a intentar millorar as formas de permanecer en contacto e dende hoxe temos aquí a web  do Departamento de Orientación (click aquí para acceder). Podedes atopala e acceder a ela a través do menu principal desta páxina, na parte superior que ten coma titulo "Webs/Blogs do centro". Animádevos a visitala e a facer todas as suxestións e comentarios que consideredes. Calquera cousa xa sabedes...

Apertas e sorte para todxos... Vémonos

DO

AULA VIRTUAL DE SEXTO ACTIVA

PARA FACILITAR O TRABALLO EN CASA XA TEDES A AULA VIRTUAL DE SEXTO ACTIVA.

PODEDES ACCEDER DENDE O LATERAL DEREITO NESTA PÁXINA NO SEU ENLACE OU DENDE AQUÍ.

ÁNIMO!!!

PAUTAS DE TRABALLO E COMUNICACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL DURANTE O COVID -19

OLA FAMILIAS!!!

DENDE A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL ACABAMOS DE ACTIVAR A NOSA AULA VIRTUAL ONDE POÑEREMOS AS NOVAS, ORIENTACIÓNS E RECURSOS DIARIO QUE VEXAMOS INTERESANTES PARA O VOSO DÍA A DÍA NESTA SITUACIÓN.

ESPERAMOS QUE VOS SEXA DE UTILIDADE O NOSO BOLETÍN SEOANIÑ@S!!!!!

PODEDES ACCEDER DENDE AQUÍ (E TAMÉN ESTÁ ACTIVO O ENLACE NA PARTE DEREITA DESTA PÁXINA DO COLE).

UN SAÚDO A TOD@S!!!

COMUNICADOS DENDE O CENTRO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

BO DÍA FAMILIAS!!!

A CONTINUACIÓN PODEDES ACCEDER AO COMUNICADO FEITO DENDE O CENTRO EDUCATIVO SOBRE A SITUACIÓN E ACTUACIÓNS QUE IMOS SEGUIR - AQUÍ

ADEMÁIS, DENDE A EMPRESA JARDANAY TAMÉN FIXERON UN COMUNICADO PARA ACLARAR AS SÚAS ACTUACIÓNS NA SITUACIÓN ANTE A QUE ESTAMOS. PODEDES CONSULTALO - AQUÍ

É IMPORTANTE QUE VOS QUEDEDES EN CASA, NON É NECESARIO QUE ACUDADES AO CENTRO EDUCATIVO XA QUE PERMANECERÁ PECHADO E O MATERIAL NON É IMPRESCINDIBLE PARA O TRABALLO PROPOSTO DENDE AS TITORÍAS.

QUEDADE NA CASIÑA E MOITA SAÚDE PARA TOD@S!!!

MECANISMOS DE COMUNICACIÓN E TRABALLO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA DURANTE O COVID-19

Como sabedes, durante estos días, o traballo académico plantexarémolo dunha maneira virtual ou telemática na medida do posible.

Cada curso - nivel de Primaria establece as súas pautas adaptándose á realidade que ten nas aulas e ás posibilidades das familias. É importante que coñezades, sobre todo nos grupos máis avanzados, as canles de comunicación entre familia e mestr@s por se tedes algunha dúbida ou problema no uso das plataformas, xa que estaremos para solventar todos eles.

Os especilistas e apoios de AL e PT, están en coordinación cos titores para subir o material específico necesario e adaptado a cada alumn@. Pode haber algún caso, excepcional/puntual,no que a PT ou AL se porá en contacto a través do mail da familia.

Os mecanismos de traballo e comunicación están enlazado na Páxina web do Colexio (no lateral dereito) e serán os seguintes:

 

Curso - Nivel

Pautas de traballo

Mecanismos de comunicación

1º Educación Primaria

Recursos a través da AULA VIRTUAL de 1º de primaria. 

O alumnado que levou os libros que NON traballe neles.

 

2º Educación Primaria

Pautas de traballo a través do seu Blog Seoaniñ@s.

E Aula virtual de 2º de Primaria.

 A través da mensaxería do Blog.

3º Educación Primaria

WEB de recursos:

www.edugaliza.org/seoane3

A través da páxina WEB de 3º de primaria.

4º Educación Primaria

Tarefas pautas da AULA VIRTUAL de 4º Primaria.

4º A: Abalar móbil (tedes que ter a app instalada) e Blog educativo.

email:

Araceli: arapintosl@gmail.com

Mª José:

clasedemariajoseceipluisseoane@gmail.com

5º Educación Primaria

Tarefas en EVA (Edixgal).

Están as tarefas marcadas e secuenciadas na AXENDA da plataforma.

A través de Edixgal  mensaxería da plataforma.

6º Educación Primaria

Tarefa marcadas en:

 Aula Planeta

Información adicional a  través do Whatsapp do grupo de familias de 6º

 

Cremos que é beneficioso e importante que o alumnado faga as recomendacións de traballo aportadas por cada titor ou especialista, primeiro por non perder o ritmo de traballo e ademáis por crear un clima o máis rutinario posible, dentro da situación ante a que estamos. 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

DADA NOVA SITUACIÓN ANTE A QUE ESTAMOS QUEREMOS, EN PRIMEIRO LUGAR, TRANSMITIR UN MENSAXE DE TRANQUILIDADE.

COMO MESTRES E MESTRAS ESTAMOS INTENTANDO BUSCAR A MELLOR MANEIRA DE QUE OS VOSOS NENOS E NENAS PODAN SEGUIR TRABALLANDO EN CASA, POLO QUE, A PARTIR DO LUNS ESTABLECEREMOS AS LIÑAS DE TRABALLO QUE SEGUIREMOS EN CADA UNHA DAS AULAS.

AGORA É TEMPO DE ORGANIZARNOS NA ESCOLA E NA CASA, DE CREAR UN AMBENTE DE TRANQUILIDADE E PARA A SEMANA QUE VÉN XA IREMOS POÑENDO POUCO A POUCO AS LIÑAS DE TRABALLO A SEGUIR.

ÁNIMO E SAÚDE!!!!

 

ÚLTIMAS INSTRUCCIÓNS SOBRE O COVID - 19 - ACTUACIÓNS NO COLEXIO

ESTA MAÑÁ, NUÑEZ FEIJOO FIXO UNHA SERIE DE DISPOSICIÓNS QUE NOS AFECTAN DURANTE OS PRÓXIMOS DÍAS:

 

"Desde el lunes día 16 de marzo todos los centros educativos gallegos permanecerán cerrados en todos los niveles educativos durante catorce días. La Xunta de Galicia ha tomado esta decisión como medida preventiva frente al avance del coronavirus. 

Mañana viernes, los padres tendrán en sus manos la decisión de enviar o no a sus hijos a guarderías, colegios, institutos y universidades. El gobierno autonómico entiende que necesitan un margen para poder organizarse. Es decir, el viernes los centros educativos permanecerán abiertos aunque se recomienda que los niños y jóvenes se queden en casa en la medida de lo posible. "

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

 

DENDE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN RECOMENDAN ESTAR PENDENTES DA INFORMACIÓN DO SEU PORTAL EDUCATIVO (PARA PROFESORADO) E PARA AS FAMILIAS DA WEB DAS FAMILIAS.

PODEDES ACCEDER DIRECTAMENTE DENDE AQUÍ:

- PORTAL EDUCATIVO

- WEB FAMILIAS

 

SEGUIREMOS EN CONTACTO A TRAVÉS DESTA PÁXINA E COLGAREMOS TODA A INFORMACIÓN QUE VAIA XURDINDO.

ÁNIMO E CALMA!!!

Distribuir contido