Boas familias,
Ante a enorme importancia que ten, cada vez en idades máis temperás, un bo uso de internet, xogos e redes sociais, invitámosvos a asistir a un encontro con persoal especializado para falar destas ferramentas e do mellor uso e precaucións a tomar con elas para previr/evitar problemas que poden afectar tanto a súa saúde física, como intelectual, emocional e de relacións...
Debido a temática a tratar, consideramos moi importante a vosa presenza e participación para informarnos e compartir medidas que axuden a un mellor educación integral dos vosos fillos.
A charla terá lugar o XOVES, 6 DE FEBREIRO , na sala de usos múltiples do colexio (no 1º andar) ás 19:00 horas.
Agardámosvos!!!!