Blogues

Un reto para a finde...

 

Ola ola caracola...

Como xa estamos de vacacións hoxe imos propoñer un reto, unha actividade para facer en familia, tamén poden facelo @s profes cas suas familias.

Unha movilización dentro da casa na  que podedes implicarvos toda a familia, podedes  fomentar o lecer e a educación en valores dos mais pequenos con actividades plásticas e deportivas que van promover tamén a conciencia solidaria e cidadá.

Veña animádevos e xa nos contaredes como vos saliu. Escribide a : orientaseoane@gmail.com

 

 

 

Ao "reto" podedes acceder a través deste enlace, clicar aquí

Ola Ola caracola...

 

Bo día... Como imos?  Na casiña seguro e... como di o profe Quique no video : Onde imos estar millor que na casa?  

Pero son xa moitos días e... que lío...que non cabemos...!!! como arranxar isto???

Pois ahí vai un video que de seguro moit@s xa o coñecedes pero nestes días hai que recordalo e... TRANQUIS... que isto vai pasar e todo "VAI SAIR BEN"

Serve para todas as idades e hai que velo en familia e despois xa sabedes a escribir o que vos pareceu ou a debuxalo e enviades un mail a: orientaseoane@gmail.com.

E... a quedar na casiña, bicsss...

 

 

 

2 de Abril - Recordamos...

Ola familias!!! 

 

 

Hoxe celébrase a nivel mundial un día que, no noso colexio foi sempre moi importante, o "Día Mundial de Concienciación do Autismo". As circunstancias impídennos que este ano podamos celebralo ao noso xeito, será por tanto un día para o recordo...

 

Día do Autismo

Non podíamos deixar pasar esta data sin falar desas personas tan importantes para nós que forman parte do noso día a día.

 

 

 

Vai por tod@s el@s…

 

Atención Familias!!!

 

Boas !!! Debido a que por parte de algunhas familias estamos detectando que hai dificultades para descargar / darse de alta na aplicación de ABALAR móvil aconsellamos que para aqueles que teñan ese problema contacten ca Unidade de Atención a Centros da Consellería de Educación onde serán atendidos.

Teléfono da UAC : 881997701.

Recordade que para que a aplicación funcione deberan estar actualizados os datos do teléfono familiar na aplicación XADE da Consellería.

Calquera cousa non deixedes de contactar con nós. Falamos...

ED

Fica na casa

Ola ola caracola... Xa é luns e xa estamos de volta. Dixemos que habería sorpresa e, ahí vai ...

¿Que vos parece? E vós, que facedes? Contádenos algo dos vosos días, escribídeo ou debuxádeo e podedes envialo por correo electrócnico a ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

Encantaríanos recibir noticias vosas.

Ata logo...

 

ABALAR MÓBIL

 

BO DÍA FAMILIAS,

DURANTE ESTES DÍAS QUEREMOS ABRIR VÍAS DE COMUNICACIÓN ENTRE NÓS E UNHA DELAS É ABALAR MÓBIL.

PODEDES INSTALAR ESTA APLICACIÓN NOS VÓSOS MÓBILES E DESTA MANEIRA, PODEDES ACCEDER A UNHA MESAXERÍA DIRECTA COA TITORA E TITOR DO VOSO CURSO E ADEMÁIS CONSULTAR O BOLETÍN DE NOTAS DESTE TRIMESTRE.

** EN 5º DE PRIMARIA USARASE ABALAR MÓBIL EXCLUSIVAMENTE PARA A CONSULTA DO BOLETÍN DE NOTAS XA QUE A MENSAXERÍA SEGUIRÁ SENDO A TRAVÉS DE EDIXGAL**

A INSTALACIÓN É MOI SINXELA, SIMPLEMENTE TEDES QUE BUSCAR "ABALAR MÓBIL" EN GOOGLE PLAY (SE O TEU MÓBIL É ANDROID) OU APP STORE SE É IOS, E INSTALAR A APLICACIÓN. TES QUE REXISTRARTE CÓ TELÉFONO QUE TEDES DE CONTACTO NO COLEXIO E SE NON PODEDES ACCEDER PORQUE NON O RECOÑECE, POR FAVOR, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CO VOSO TITOR OU TITORA PARA MODIFICAR ESE NÚMERO E QUE PODADES ACCEDER.

 

TAMÉN O PODEDES FACER A TRAVÉS DESTES CÓDIGOS QR:

 

TEDES AQUÍ O ENLACE Á PÁXINA DA XUNTA ONDE PODEDES ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN.

ÁNIMO A TOD@S!!!

 

Chegou a finde e nós... FICAMOS NA CASA!!!

 

 

OLA OLA CARACOLA...

estamos de finde pero... é unha finde rara...

fai un día precioso pero... temos que miralo dende a ventá ou dende a horta ou alguén dende o seu xardín ou a sua terraza...

o venres de vacacións pero... serán unhas vacacións raras...

ufff non queremos pero.... hai que buscar cousas para pasalo ben e hoxe podemos escoitar e ler moitísimos libros e historias gratis, no móvil, na tablet e /ou no ordenador mirade o que puxemos mais abaixo...

e xa ... tod@s MOIII concentrados temos que desexar...

¡¡¡ISTO VAI PASAR E TODO VAI SAIR BEN...!!!

O LUNS VÉMONOS POR AQUÍ          Siiiiiiii hai SORPRESA!!!  ...    IDES VERNOS , A TOD@S !!!

BICOS MIL.

Saudo do Departamento de Orientación "Fico na casa"

Bo día!!! Xa levamos 10 días sen cole e de seguro que xa todos temos moitas ganas de vernos, de contarnos cousas, de rir, de cantar, de xogar e incluso de traballar e estudar xuntos. De momento iso non vai poder ser asi que @s profes de orientación quixemos falar un anaquiño con vós e ahi vai este video…

Esperamos que vos guste e ademais... TEN DEBERES -- VEXAMOS :

Hai que escribir

  • Que vos parece o video
  • Que nos queredes dicir
  • Que estades facendo... e todo o que vos apeteza contarnos. Tamén podedes facer un debuxo se non vos apetece escribilo todo, vainos facer moitísima ilusión.
  • Asi que xa sabedes entrades en CONTACTO e enviades un correo electrónico a: orientaseoane@gmail.com prometemos contestar a tod@s.               

    BICOS MIL

 

 

Todo vai sair ben

Hoxe queremos compartir o debuxo dunha compañeira orientadora (Lourdes Otero) e tamén un sentir: “todo isto vai pasar rápido e vai sair ben”.

Son días de intensa convivencia e aos máis pequenos seguramente non lles vai resultar doado entender tantos días de confinamento.

 

Para axudar un pouquiño con esta situación recomendamos este conto "Rosa Contra el Virus" do "Colegio Oficial de la Psicología de Madrid": clic aquí (abrese un enlace nunha nova pestaña)

Distribuir contido