Este ano haberá moita arte...

Xa estamos de volta...

Ola ola caracola...

Xa estamos aquí de novo con ganas de saber de vos e compartir cousas. Hoxe queremos convidarvos a participar nun webinar (videoconferencia) ca Asociación Española de Pediatría .

Está aberta a pais e nais que teñan dúbidas sobre como tratar algunhas situacións que se poden producir cos seus fillos e fillas neste tempo de confinamento, problemas relacionados co sono, ca alimentación, ca conduta ...

Poderedes asistir en directo e preguntar  , seguramente resultará moi interesante. A cita hoxe mércores 15 de Abril as 18:30h . Clicando no título desta noticia (Xa estamos de volta) poderedes entrar ao enlace.

E calquera cousa xa sabedes...

 

ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

orientaseoane@gmail.com

tlf: 676727505

 

 

AdxuntoTamaño
Invitación WebinarAEP_15-04-2020_600x600.pdf1.1 MB