Este ano haberá moita arte...

Venres en familia

Ola ola caracola!

Xa chegou de novo o venres e este e xa o penúltimo venres deste curso tan raro e tan especial que levamos. No horario de hoxe temos clase de Educación Física, Ciencias e Relixión ou Valores e, como todas dende Marzo,  a clase será na casa e ca familia.

Jo!!! que importante é a familia ! , cada quen quere a súa e non a cambiaría por nada no mundo. Disto nos fala o conto que podedes ver e escoitar despois de facer as tarefas e podédelo ver en familia , pensando na sorte que temos de estar xuntos e desexando que todo pase e saia ben como di a canción que podedes escoitar e cantar a continuación.

Xa nos diredes se vos gustou . Bicsss...