O pasado 28 de novembro asistimos á exposición ORINOCO no Museo Centro GAIÁS de Santiago.
A vida das doce tribos do Orinoco venezolano preséntase dunha forma atractiva para os escolares que participan nesta visita adaptada aos diferentes tramos educativos. Explorando o Orinoco no Gaiás.
O catro de decembro asistimos a un espectácul didáctico- músical no Teatro Jofre de Ferrol. Actividade organizada polo concello de Ferrol desde a concellería de Educación.,
Pep Gol é trompetista, compositor, produtor musical, deseñador de extranos instrumentos musicais...
Pep Pascual toca os saxos, o clarineta, a tenora eo flabiol. Tamén é compositor.
Continuando coas xornadas de cine infantil iniciadas o martes polo alumnado do terceiro ciclo que participou nelas co visionado de "CHÁMANME RADIO". Os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo acudimos a un filme titulado "VECIÑOS INVASORES". Houbo unha posterior charla-coloquio no teatro JOFRE de Ferrol. As xornadas foron organizadas pola Fundación LUMIÈRE e patrocinadas polo Concello de Ferrol.
Na clase seguimos traballando cunha pequena ficha sobre esta película.
XORNADAS SOBRE A IGUALDADE (PATROCINADAS POLO CONCELLO DE FERROL)
O día 7 de novembro participamos nunhas xornadas de igualdade asistindo a unha pequena respresentación teatral que tivo lugar no noso salón de actos. A través de duás personaxes femininas: unha muller de 82 anos (Maruxa) e unha nena de 11 (Alba), as dúas, avoa e neta van desvelando a evolución da situación da muller durante as últimas décadas confrontando a perspectiva actual coa pasada. Para isto, as personaxes saíron do seu escenario para interactuar coas nenas e nenos e así facerlles reflexionar sobre as situacións de igualdade que aínda rodean á muller.
O día 11 de outubro realizamos unha saída por Ferrol para visitar e coñecer algúns monumentos e edificios da nosa cidade. Nela abordamos unha pequena unidade didáctica que serviu de guía para a visita.
No mesmo día os rapaces e rapazas do terceiro ciclo acudiron ao teatro Jofre para ver unha obra de teatro dedicada a Rosalía de Castro. O alumnado do segundo ciclo participou tamén nunha visita guiada ao museo naval e a un obradorio de nós mariñeiros.
1º e 2º CICLO NA PORTA DO MUSEO NAVAL
Alumnado do Terceiro Ciclo