XORNADAS SOBRE A IGUALDADE (PATROCINADAS POLO CONCELLO DE FERROL)
O día 7 de novembro participamos nunhas xornadas de igualdade asistindo a unha pequena respresentación teatral que tivo lugar no noso salón de actos. A través de duás personaxes femininas: unha muller de 82 anos (Maruxa) e unha nena de 11 (Alba), as dúas, avoa e neta van desvelando a evolución da situación da muller durante as últimas décadas confrontando a perspectiva actual coa pasada. Para isto, as personaxes saíron do seu escenario para interactuar coas nenas e nenos e así facerlles reflexionar sobre as situacións de igualdade que aínda rodean á muller.