Iniciar sesión: Acceso

Voz Natura

RECURSOS DE SOGAMA

   Estamos a pasar por unha situación díficil, pero aínda estando confinados podemos levar a cabo certas accións que axuden a coidar o medio ambiente. 

 Sogama pon á vosa disposición unha serie de recursos para seguir traballando o respecto e coidado pola natureza.

 A continuación déixovos unha serie de enlaces de recursos moi interesantes.

 Para Educación Infantil no seguinte enlace tedes uns audiocontos da Familia Trebón cos que podemos aprender sobre a compostaxe ou o ecopicnic entre outros aspectos. 

   http://www.cadernoverde.gal/category/educacion-infantil/

   Ademais deixo como documento adxunto dous contos dos Bolechas: 

   -Os Bolechas: que se fai co lixo que chega a Sogama.

   -Os Bolechas: como producir menos lixo.

  Para Educación Primaria, Sogama vos ofrece unha serie de actividades interactivas moi interesantes. Aquí tedes os enlaces por ciclos:

   Para 1º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/1o-ciclo-educacion-primaria/

   Para 2º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/2o-ciclo-educacion-primaria/

   Para 3º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/3o-ciclo-educacion-primaria/

   Ademais, no seguinte enlace podedes ver dous audiocontos dos Bolechas: "Os tres erres" e " Sabes a cor do colector?" para traballar un poquiño o tema da reciclaxe.

   http://www.sogama.gal/gl/info/os-bolechas

   

   E xa por último, vos deixo un enlaxe cunha serie de xogos interactivos moi interesantes e divertidos para tódalas idades (cada xogo xa menciona a idade recomendada). Ata podedes crear unha historia!!! Animádevos!!!Sorriso

   http://www.sogama.gal/gl/info/xogos-escolares

TEATRO EN FAMILIA: GAIA. COMPAÑÍA ENTREMÁNS

    Ola, 

  desde Afundación nos propoñen un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan a coñecementos do medio ambiente, afondando na importancia de coidar o noso hábitat, a súa conservación, fomentando á súa vez a reciclaxe.

  Deixo un vídeo do espectáculo, así como un guía didáctica cunha serie de actividades para poder disfrutar en familia, á vez que nos concienciamos do coidado do noso planeta. (Ver documento adxunto).

ECOCINE

     Ola!!

  É certo que non podemos saír e disfrutar da natureza todo o que nos gustaría, pero desde a casa podemos seguir preocupándonos e coidando o noso entorno. Por iso aquí tedes unha lista de vídeos educativos, documentais, curtametraxes e películas para seguir concienciándonos da importancia de coidar a natureza e do medio onde vivimos. Xuntos podemos conseguilo!!

  

Ver documento adxunto

(Se clicades nas imaxes do documento xa vos leva ao vídeo, agás nas películas).

FELIZ DÍA DA TERRA!!!

  Hoxe 22 de abril celebramos o Día da Terra e desde Voz Natura gustaríanos concienciar da importancia de coidar o noso planeta e todo o que hai nel. É un ben de TODOS!!!

XOGOS PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN AMBIENTAL DUNHA FORMA DIVERTIDA

   Ola!!

   Nestes tempos de confinamento podemos seguir coidando o noso entorno. Aquí tedes uns xogos para traballar a reciclaxe e a educación mediambiental dunha forma divertida e amena, con xogos xa coñecidos como o parchís ou as sopas de letras. Adxunto tamén os documentos.

   Un bico!!

                                

   

  

Distribuir contido