Estamos a pasar por unha situación díficil, pero aínda estando confinados podemos levar a cabo certas accións que axuden a coidar o medio ambiente.
Sogama pon á vosa disposición unha serie de recursos para seguir traballando o respecto e coidado pola natureza.
A continuación déixovos unha serie de enlaces de recursos moi interesantes.
Para Educación Infantil no seguinte enlace tedes uns audiocontos da Familia Trebón cos que podemos aprender sobre a compostaxe ou o ecopicnic entre outros aspectos.
http://www.cadernoverde.gal/category/educacion-infantil/
Ademais deixo como documento adxunto dous contos dos Bolechas:
-Os Bolechas: que se fai co lixo que chega a Sogama.
-Os Bolechas: como producir menos lixo.
Para Educación Primaria, Sogama vos ofrece unha serie de actividades interactivas moi interesantes. Aquí tedes os enlaces por ciclos:
Para 1º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/1o-ciclo-educacion-primaria/
Para 2º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/2o-ciclo-educacion-primaria/
Para 3º ciclo de Primaria: http://www.cadernoverde.gal/category/3o-ciclo-educacion-primaria/
Ademais, no seguinte enlace podedes ver dous audiocontos dos Bolechas: "Os tres erres" e " Sabes a cor do colector?" para traballar un poquiño o tema da reciclaxe.
http://www.sogama.gal/gl/info/os-bolechas
E xa por último, vos deixo un enlaxe cunha serie de xogos interactivos moi interesantes e divertidos para tódalas idades (cada xogo xa menciona a idade recomendada). Ata podedes crear unha historia!!! Animádevos!!!
http://www.sogama.gal/gl/info/xogos-escolares
Adxunto | Tamaño |
---|---|
como_producir_menos_lixo conto Bolechas.pdf | 2.52 MB |
que_se_fai_co_lixo_que_chega_a_sogama Conto Bolechas.pdf | 1.94 MB |