Iniciar sesión: Acceso

Voz Natura

NOVA PLANTAS NO COLE

   Este ano quixemos que cada un dos nenos/as se fixera cargo dunha planta, por iso, ademais de traballar a parte artística de cada un deles/delas decorando unha maceta, tiveron que plantar nelas a súa planta para decorar os novos maceteiros do cole.

   

PLANTAMOS FRESAS

   Como imos ter o noso invernadoiro baleiro? O noso alumnado xa se encargou de que iso non fose así plantando fresas.

        

RECOLLEMOS AS LEITUGAS

   Antes de marchar de vacacións o alumnado do centro tivo varias tarefas que realizar. Unha delas foi recoller as leitugas que plantamos no noso invernadoiro no primeiro trimestre.

                        

A RECICLAXE

   Neste Genially podedes traballar a reciclaxe de forma amena e divertida, un dos aspectos importantes para respectar a Natureza.

 Clica na imaxe

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

   Hoxe é 5 de xuño e celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Lembrade que con pequenas accións que non costan nada podemos coidar a natureza e o noso planeta. Entre todos podemos conseguilo!!

  Vos deixo unha Ecogincana para pasar un momento divertido ao mesmo tempo que lembramos as accións que danan o entorno que nos rodea. (Ver documento adxunto).

Distribuir contido