Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

ENTROIDO 2012

XA ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO E CON EL CHEGA O MECO COAS SÚAS ORDES...PRÉSTALLE ATENCIÓN SE NON QUERES QUE TE COLLA!



RECOMENDÁMOSCHE ESTAS PÁXINAS WEB SE QUERES SABER MÁIS COUSAS DO ENTROIDO GALEGO:


http://www.xunta.es/linguagalega/entroido


http://www.coordinadoraendl.org/2011entroido/index.php



A MIÑA ORDE É COMO EMPEZA:


TODOS OS QUE VEÑAN O MARTES,


TERÁN QUE TRAER ALGO NA CABEZA


 


 


CALQUERA PERSOA MOZA OU MOZO


QUE Á ESCOLA VEÑA O MÉRCORES


TERÁ QUE TRAER ALGO NO PESCOZO.



BUSCADE POR TODOS OS RECUNCHOS


POBRE DO QUE O XOVES


NON TRAIA ALGO NOS PULSOS.


 


 


 

RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO

RECORDADE A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO QUE ESTAMOS FACENDO PARA COLABORAR CON ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) E PROMOVIDA POR AEFAT(Asociación Española Familia AtaxiaTelangiectasia).


 


Trátase dunha campaña de reciclaxe solidario que ten como obxetivo recadar fondos para a investigación e tratamento da Ataxia Telangiectasia, enfermidade rara da que constan doce casos en toda España,


Sonia , diagnosticada de Ataxia Telangiectasia, é una nena de dez anos que forma parte de AS.PA.NE.MI. e é un deses 12 casos recoñecidos en toda España.


A Ataxia Telangiectasia é unha enfermidade rara, xenética e hereditaria (non contaxiosa) que se caracteriza pola ATAXIA, que afecta ao cerebelo e que implica problemas de movemento e da coordinación muscular; así como, inmunodeficencias traducidas en infeccións recorrentes, xeneralmente respiratorias. Tamén caracterízase por TELANGIECTASIAS en ollos e pel; predisposición a desenrrolar cancros, entre outros síntomas.


A día de hoxe non existe tratamento, ao non haber investigación abondo; por iso AEFAT, coa axuda de AS.PA.NE.MI., pon en marcha na bisbarra de Ferrolterra a recollida de tapóns para recadar fondos destinados á investigación en A-T.


Con este tipo de colaboración foméntase a solidariedade e o traballo en equipo, ademáis de fomentar a reciclaxe ambiental e dar a coñecer a existencia de enfermidades raras, particularmente a ATAXIA TELANGIECTASIA.


AS.PA.NE.MI xa está a colaborar, así como moitas empresas, centros educativos e persoas anónimas.


Calquer tipo de tapóns de plástico serve (leite, iogur, tapas bolígrafo, zume, auga…), soamente tes que traelos ao colexio e depositalo na caixa da entrada.


Grazas pola vosa colaboración con este xesto que non nos costa nada facer e que pode salvar vidas.


 

DIA DA PAZ 2012

Nesta ligazón podes acceder ao video sobre a paz...

 

 

http://youtu.be/KDyMN7nS5Dw

TOMANDO CHOCOLATE CON CHURROS PARA CELEBRAR O NADAL

Esta si que é unha boa forma de comezar o Nadal: Primeiro fomos ver a película "A tropa de trapo" aos cines Duplex e despois... ¡gran chocolatada con churros na mítica cafetería Avenida".

Seguro que vos damos envexa cando vexades as fotos...

CONCERTO "SONS DA TERRA"

O 7 de maio de 2009, os alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria asistiron no Teatro Jofre ao concerto "Sons da terra". O concerto foi moi entretenido e didáctico.

Ahí van algunhas imaxes para recordar o día.

       

 

Ahí os temos na entrada do Teatro. Mirade que formalitos/as!!!!!   Como lucen esas novas sudadeiras.

 

Preparándose para o concerto. Lendo, como debe ser, o programa. Bueno... no todas ni todos!!!

        

Parece que houbo MARCHA.

Distribuir contido