O PASADO VENRES ESTIVEMOS NO PAVILLÓN DE SANTA CECILIA NUN ENCONTRO DE ATLETISMO. ESTIVEMOS CON OUTROS COLES COMPARTINDO A XORNADA CON NENOS DE TODA A COMARCA. PASÁMOLO MOI BEN E PARTICIPAMOS DUN NOVO DEPORTE. ANÍMOVOS A SEGUIR PRACTICÁNDOO.
XA CHEGOU A PRIMAVERA AO CEIP A LAXE!
É TEMPO DE PLANTAR, E A NOSA HORTA XA VAI COLLENDO FORMA. POR AGORA TEMOS PLANTADAS CENORIAS, FRESAS , CABAZAS E CALABACÍNS. NOS VINDEIROS DÍAS SEMENTAREMOS MÁIS COUSIÑAS PARA OBSERVAR COMO MEDRAN E COMO NON, RECOLLER A NOSA PROPIA COLLEITA.
ADEMAIS, NO XARDÍN CONTAMOS CUNHA ÁRBORE NOVA, UN FREIXO QUE NOS REGALOU O CONCELLO. PLANTÁRONO OS ALUMNOS DE 6º, ASÍ RECORDARÉMOLOS CANDO SE VAIAN A FINAL DE CURSO PARA O INSTITUTO.
AULA CICLISTA 2012
O COLE PARTICIPOU NO PROGRAMA AULA CICLISTA 2012, POLO QUE JUAN MOURÓN, EXCICLISTA PROFESIONAL VEU A IMPARTIRNOS UNHA CLASE TEÓRICA E OUTRA PRÁCTICA SOBRE CICLISMO. TRABALLAMOS EDUCACIÓN VIAL, COÑECIMOS MÁIS DE CERCA A VIDA DUN CICLISTA E APRENDIMOS QUE É UN DEPORTE DONDE HAI MOITO COMPAÑEIRISMO, O CAL NOS GUSTOU MOITO.
HOXE TIVEMOS A SORTE DE PARTICIPAR NA PRESENTACIÓN MUNDIAL DO LIBRO: "OS POEMAS DO RIO", UN LIBRO CUNHAS ILUSTRACIÓNS MOI CHULAS NO QUE UNHA MESTRA PROPÓN ENSINARLLES AOS SEUS ALUMNOS POESÍA.
VISITOUNOS CRISTINA E AURORA , QUE SON A AUTORA E A ILUSTRADORA, E CONTÁRONNOS COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE O SEU TRABALLO; ADEMAIS INVITÁRONNOS A VISITAR A WEB DO SEU LIBRO, DONDE TEÑEN UNHAS ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS. ANÍMATE A ENTRAR!
DURANTE MOITAS SEMANAS ESTIVEMOS PREPARANDO UNHA OBRA DE TEATRO SOBRE O LIBRO, E HOXE A ESTREAMOS CUN GRAN ÉXITO.
AQUÍ QUEDAN UNHAS FOTOS QUE O DEMOSTRAN...