Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

PROGRAMA "PONTE NO MEU LUGAR" DE ASPANEPS

O 13 de febreiro de 2009, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, participaron por segundo ano consecutivo, no programa de "Ponte no meu lugar" organizado pola Asociación ASPANEPS en colaboración co Concello de Ferrol.

O obxectivo é dar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade, para isto faise unha exposicións no colexio duns carteis que aporta a Asociación, traballaron ó longo desa semana nunha unidade didáctica e por último fixeron unha sesión práctica.

CONCERTO NO TEATRO JOFRE

O comenzo deste novo curso 2008-2009, os alumnos de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, asistiron a un concerto de música popular galega, e polo que podemos ver parano moi ben.

PREPARADOS, LISTOS...

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2007-2008

O 13 de xuño, realizouse a excursión de final de curso ao Parque Natural de Marcelle ( Outeiro de rei. Lugo). Actividade programada para todos os niveis educativos do colexio.

A A.N.P.A e  o colexio fixeron unha aportación económica para levala a cabo.

Esta saida foi todo un éxito, tanto no aspecto educativo como no aspecto lúdico.

Ollemos algunhas fotografías para ver como nenos /as e profes disfrutaron deste día.

 

EXCURSIÓN NO TREN DA LINGUA

O 13 de maio de 2008, os alumnos /as de 5 anos e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizaron unha saída no tren da lingua que promove Caixa Nova.

Fixeron unha viaxe ata a estación de Betanzos, onde viron unha representación de títeres e recibiron uns agasallos.

unha saída moi divertida e educativa.

SAÍDA O CAMPUS UNIVERSITARIO DE FERROL

O 7 de marzo de 2008, os alumnos/as de Educación Infantil visitaron o Campus de Ferrol.

Alí visitaron as instalaccións, asistiron a algunha clase e incluso fixeron prácticas de enfermería...  

A experiencia tivo un enfoque moi lúdico e rapaces e rapazas o pasaron moi ben.

 

 

 

Distribuir contido